Estación de Murcia del Carmen
Murcia del Carmen é a estación de ferrocarril de Murcia, situada no barrio murciano do Carmen. Forma parte da rede de estacións de Adif e é o punto de cruzamento das liñas Chinchilla-Cartaxena (P.K. 459,9) e Murcia-Águilas.
Murcia del Carmen | |
---|---|
Vista da estación | |
Situación | Murcia |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Altaria, Talgo |
Media distancia | C-1, C-2 |
Intermodalidade | |
Bus |
Por esta estación circulan trens Talgo Barcelona-Lorca e Cartagena-Montpellier, trens Altaria entre Madrid e Cartaxena ou Madrid e Murcia, os trens da liña L-1 de Media distancia Renfe e os trens das liñas C-1 e C-2 de Proximidades Murcia/Alacant, sendo cabeceira de ambas as liñas.
Historia
editarO 24 de outubro de 1862 a raíña Isabel II inaugurou a Estación Murcia do Carmen. A localización da estación de ferrocarril no barrio supuxo un potencial de crecemento ao convertela en punto de intercambio de mercancías. A primeira liña que chegou a esta estación unía Murcia e Madrid separándose da liña Madrid-Alacant en Chinchilla de Monte-Aragón, un ano máis tarde a liña continuouse ao leste da cidade cara a Cartaxena.
Máis tarde, en 1884 e 1885 inauguráronse as liñas Murcia-Águilas e Murcia-Alacant, separándose esta última da liña Madrid-Chinchilla-Cartaxena en Alquerías.
O conxunto arquitectónico posúe unha estrutura horizontal orixinal, á que se engadirían posteriormente unha serie de construcións en ferro, como a marquesiña actual, que data do ano 1910.
Na actualidade,[cando?] a estación enfróntase a un proceso de transformación para a chegada dunha rama da liña de alta velocidade Madrid-Levante e o arranque da liña de alta velocidade Murcia-Almería. A primeira parte desta infraestrutura abriuse o 25 de xuño de 2008. Corresponde ao tramo Murcia-Alquerías, de dobre vía sen electrificar por agora, o cal provocou o cesamento da circulación no tramo equivalente da liña Chinchilla-Cartaxena.
Servizos ferroviarios
editarLongo Percorrido
editarTren | << | Estacións intermedias | >> | Estacións intermedias | Frecuencia (por sentido) | observacións |
---|---|---|---|---|---|---|
Altaria | Cartagena | Torre Pacheco · Balsicas-Mar Menor | Madrid-Chamartín | Alcantarilla-Los Romanos · Archena-Fortuna · Cieza · Calasparra · Hellín · Albacete · La Roda de Albacete · Villarrobledo · Socuéllamos · Alcázar de San Juan · Madrid-Atocha Cercanías | 4 trens ao día | |
cabeceira | Madrid-Chamartín | Archena-Fortuna · Albacete · Madrid-Atocha Cercanías | 1 tren ao día | |||
Talgo | Lorca-Sutullena | Totana · Alhama de Murcia | Montpellier Saint-Roch | Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers | 1 tren ao día | en sentido contrario procede de Barcelona-Sants, xa que o procedente de Montpellier diríxese a Cartagena Tren directo de Lorca a Montpellier |
cabeceira | Barcelona-Sants | Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim · Oropesa del Mar · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona | 1 tren ao día | |||
Talgo Mare Nostrum | Cartagena | Torre Pacheco · Balsicas-Mar Menor | Montpellier Saint-Roch | Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Cambrils · Salou · Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers | 1 tren ao día | cambio de ancho en Portbou |
Media distancia
editarLiña | << | >> | Material móbil |
---|---|---|---|
L-1 | València-Nord | terminal | S-592 |
Cartaxena |
Proximidades
editardestino/orixe | < estación | liña | estación > | orixe/destino |
---|---|---|---|---|
terminal | Beniel | Alacant-Terminal | ||
Águilas Lorca-Sutullena |
Alcantarilla-Los Romanos | terminal |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Murcia del Carmen |