Estación de París-Lyon
A Estación de París-Lyon (Gare de Paris-Lyon) é unha das sete grandes estacións terminais da rede da SNCF na cidade de París, e tamén forma parte da rede RER. Localízase no 12º distrito, principalmente no barrio des Quinze-Vingts, agás unha pequena parte que está no de Bercy. Polo seu tránsito é a terceira estación da cidade, con arredor de 83 millóns de viaxeiros en 2002[1]), e a segunda das liñas de longa distancia, con 31,8 millóns, tan só por detrás da estación do Norte)[2].
Estación de París-Lyon | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación ferroviaria sen saída, estación en superficie, S-Bahn station (en) ![]() ![]() | |||
Epónimo | Lión ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | SNCF Gares & Connexions (en) ![]() ![]() | |||
Propietario/a | SNCF ![]() | |||
Arquitecto/a | Marius Toudoire ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1847 ![]() | |||
Inauguración | 12 de agosto de 1849 ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | TGV, Lyria (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Estación de intercambio | Gare de Lyon (pt) ![]() ![]() | |||
Estación adxacente | Châtelet - Les Halles, Nation (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Liñas ferroviarias
| ||||
Número de plataformas | 23 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Pisos sobre o solo | 3 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Gare de Lyon stabbing (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Francia | |||
Institución pública | Metrópole do Gran París | |||
Colectividade territorial francesa cun status especial | París | |||
Distrito municipal | 12º distrito de París ![]() | |||
Rúa | place Louis-Armand ![]() | |||
Código postal | 75012 ![]() | |||
Enderezo | 4 Place Louis Armand 75012 Paris ![]() | |||
Altitude | 42 m ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Monumento histórico inscrito ![]() | ||||
Data | 28 de decembro de 1984 | |||
Identificador | PA00086570 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 28 de setembro de 1972 | |||
Identificador | PA00086570 | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | garesetconnexions.sncf… ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |

É unha estación principal que asegura o servizo ás liñas de longa e media distancia co sueste de Francia, en especial con Belfort e Montbéliard, Besançon, Dijon, Lión, Grenoble, Valence, Annecy, Chambéry, Modane, Bourg-Saint-Maurice, Saint-Gervais-les-Bains, Évian-les-Bains, Aviñón, Saint-Étienne, Marsella, Toulon, Niza, Montpellier e Mulhouse, así tamén como o servizo internacional con Xenebra, Lausana, Neuchâtel, Berna, Basilea e Zürich en Suíza, con Turín, Milán, Venecia en Italia, con Friburgo en Alemaña, e desde o 15 de decembro de 2013 con Barcelona en España. A estación de Lión tamén é a principal liña de alta velocidade con destino ao sueste de Francia, en sobre todo á Ródano-Alpes e á fachada mediterránea, e mais tamén ás rexións intermedias.
A entrada principal, na praza Louis-Armand, dá á rúa de Lyon, que leva á praza da Bastilla. No subsolo atópase a estación de metro de Lyon, e na superficie hai plataformas de autobuses polo que forma un gran intercambiador multimodal no seu conxunto. A estación caracterízase polo seu beffroi ou torre con campanil, unha torre cuadrangular de 67 m cun reloxo en cada unha das súas catro caras. Conta con 6,5 m de diámetro e as súas agullas teñen 2,8 m e 4m.
Historia
editarA orixe da estación é un unha pequena estrutura provisional, coñecida como Embarcadère de chemin de fer de Paris à Montereau realizada en 1847 e que se abriu ao público en 1849. En 1855 realizouse o edificio definitivo, obra do arquitecto François-Alexis Cendrier e que servía como terminal das liñas da compañía de ferrocarrís de París a Lión. Edificouse sobre unha plataforma de terra elevada uns 6–8 m sobre o nivel do río para protexela das súas cheas. Compúñase de 5 vías cubertas por unha edificación cun vestíbulo de 220 m de longo e 42 de largo. Un pórtico que delimitaba a zona de chegadas unía a estación propiamente dita cunha oficina administrativa na beira da estación, e que daba ao Bulevar Mazas.
Un lume destruíu parte da estación en 1871 reconstruíndose de forma case idéntica. En 1900 con motivo da Exposición Internacional de París procedeuse á construción dunha nova estación, obra de Marius Toudoire, con trece vías e a característica torre.
Notas
editar- ↑ SNCF, 2002. Chiffre cité dans La saturation du réseau ferré francilien Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Syndicat des transports d'Île-de-France, pp. II-6-5.
- ↑ Trafic: "La SNCF ne se cache plus" Arquivado 16 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., article du 19 janvier 2013, sur lexpress.fr. Consulté le 20 janvier 2013.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de París-Lyon |