Estación das Neves

estación de ferrocarril nas Neves

As Neves é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Paredes, moi preto da vila das Neves, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación das Neves

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Uso(s)en funcionamento Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°05′N 8°25′O / 42.08, -8.42
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloAs Neves
ParroquiaAs Neves Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviaria22108 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenLiña Monforte de Lemos - Vigo Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónIntercity Editar o valor en Wikidata
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés
Persoas e organizacións
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 120,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 35 metros de altitude, entre as estacións de Sela e Salvaterra.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 25 de setembro de 1879 coa aperta do tramo Salvaterra de Miño-As Neves da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar