Estación de Salvaterra

Coordenadas: 42°04′54″N 8°29′43″O / 42.0816, -8.4953

Salvaterra é unha estación de tren de Adif situada na vila do Castelo, no concello de Salvaterra de Miño, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Salvaterra
Vista da estación
SituaciónSalvaterra de Miño
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 127,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 29 metros de altitude, entre as estacións das Neves e Caldelas de Tui.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 10 de novembro de 1878 coa aperta do tramo Salvaterra de Miño-Caldelas de Tui da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar