Vilachá, A Pobra do Brollón

parroquia civil do concello da Pobra do Brollón

San Mamede de Vilachá, popularmente chamada tamén Vilachá de Salvadur[2], é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2011 tiña 64 habitantes (139 habitantes en 1991), agrupados en catro entidades, cunha densidade media de 5,42 hab./km².

Vilachá
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°28′26″N 7°23′32″O / 42.473933333333, -7.3923416666667Coordenadas: 42°28′26″N 7°23′32″O / 42.473933333333, -7.3923416666667
Área11,8 km²
Poboación64 hab. (2011)
Densidade5,42 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Linda coas parroquias de Liñares polo norte, Quintá de Lor e Augas Mestas polo leste, Torbeo polo sur, e Rozavales e Vilamarín polo oeste. O topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar chan".

Patrimonio editar

  • Igrexa de San Mamede de Vilachá, que foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía acaroada ó presbiterio. Ten retablos e esculturas no interior.
  • Miradoiro da Capela, no Canón do Sil.
  • Adegas de Vilachá de Salvadur, que son das máis antigas da Península Ibérica. Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá.

Festividades editar

  • Cata do Viño, o primeiro domingo de maio.
  • Festas de San Mamede: os días 7,8 e 9 de agosto.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vilachá editar

Lugares da parroquia de Vilachá no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

A Abelaira | A Eirexa | Trasmonte | Vilachá


Parroquias da Pobra do Brollón editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar