Torbeo, Ribas de Sil
Santa María de Torbeo é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2017 tiña 87 habitantes distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.
Torbeo | |
---|---|
![]() Pía bautismal da igrexa de Santa María de Torbeo. | |
Concello | Ribas de Sil[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°26′35″N 7°22′41″O / 42.443027777778, -7.3780555555556Coordenadas: 42°26′35″N 7°22′41″O / 42.443027777778, -7.3780555555556 |
Poboación | 87 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Está situada á beira do río Sil, e a súa vexetación está composta en boa medida por soutos de castiñeiros. Ten 16,2 km², dos cales 4,81 son montes veciñais.
Historia editar
Hai referencias do mosteiro de Torbeo entre os séculos XII e XVI. Na abadía de Torbeo estaba soterrado Vasco Peres de Quiroga, nado en 1135, tendo a súa lápida a seguinte inscrición: Aquí iace el Bon Quiroga rico ome de Castella. Fo muy umilloso e caritativo que a ninguen dexo morrer de fame; requiescat in pace.
En 1555, na obra de Hernán Núñez Refranero o proverbios en romance, aparece recollido "Quando fores a Torbeo leva o pan no seo". Na época de Filipe II de España a súa abadía tiña 100 vasalos.
Na última etapa do Antigo Réxime Torbeo constituía xurisdición de seu, e a comezos do século XIX transformouse en concello.
Filomena Arias Armesto (1865-1938), coñecida como "A Bruxa" ou "A Sabia de Torbeo", foi unha curandeira e adiviñadora de tal sona no seu momento que levaba á parroquia xentes desde toda Galiza, León, Ponferrada e Asturias. Sobre ela falou Vicente Risco no estudo de etnografía da obra Historia de Galiza de Otero Pedrayo. Tamén aparece mencionada en Madera de Boj, de Camilo José Cela.
Patrimonio editar
Consérvase a igrexa románica, do século XII. Outro coñecido e singular edificio é o Pazo da Casa Nova.
Da súa gastronomía ten sona a variedade endémica de castaña torbeana, recollida na listaxe de cultivos de castaña realizada pola FAO.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Torbeo editar
Lugares da parroquia de Torbeo no concello de Ribas de Sil (Lugo) | |
---|---|
O Barrio | Campos | O Carballiño | As Cortes | A Covela | Figueiro | As Fontes | Lama de Paio | Moreiras de Abaixo | Moreiras de Arriba | Moreiras do Medio | O Outeiro | Pacios | Paredes | As Pozas | San Lourenzo | San Martiño | A Ventosa | Os Vilares |
Parroquias de Ribas de Sil editar
Notas editar
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- www.torbeo.com Arquivado 16 de outubro de 2017 en Wayback Machine., blog de Antonio Rodríguez sobre a parroquia.