Reino de Escocia

reino soberano nas illas Británicas entre o século IX e 1707

O Reino de Escocia foi un estado localizado no oeste de Europa, ao norte da illa de Gran Bretaña no territorio do que hoxe é o país constituínte do Reino Unido de Escocia. Existiu entre aproximadamente o ano 843 até a Lei de Unión de 1707 cando se uniu ao Reino de Inglaterra (927-1707) para formar o Reino de Gran Bretaña (1707-1800). A súa poboación cara ao ano 1700 era de aproximadamente 1,1 millóns de habitantes.

Modelo:Xeografía políticaReino de Escocia
Rìoghachd na h-Alba (gd)
Kinrick o Scotland (sco)
Kingdom of Scotland (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoHimno de Escocia Editar o valor em Wikidata

Lema«In My Defens God Me Defend (pt) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalEdimburgo (1452–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.250.000 (1700) Editar o valor em Wikidata (15,87 hab./km²)
Lingua oficialLingua gaélica escocesa
Lingua scots
lingua latina Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie78.782 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creaciónséculo IX Editar o valor em Wikidata
Disolución30 de abril de 1707 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata
• Raíña Editar o valor em WikidataAna de Gran Bretaña (1702 (Xuliano)–1707 (Xuliano)) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Scotland (en) Traducir , (Escano: 233) Editar o valor em Wikidata
Moedalibra escocesa Editar o valor em Wikidata

A coroa da Escocia e a súa formación ten unha longa e complexa historia: dende os diferenciados gobernos autónomos (clans), até o xurdir dun único Rei ao redor do século XII para reinar a maior parte do que hoxe se coñece como Escocia. O século XIII foi duro e difícil para a coroa escocesa xa que mantiña complicadas loitas para manter súa independencia do Reino de Inglaterra, máis extenso e habitado. Esa loita se estendería durante moito tempo, con episodios como o de William Wallace (recreado no filme Braveheart), e non sería até o reinado de Robert the Bruce cando acadarían a tranquilidade despois de derrotar ás forzas inglesas do Rei Eduardo II na Batalla de Bannockburn en 1314. En 1603 o rei escocés Xacobe VI ascende ao trono de Inglaterra, esta unión de coroas foi seguida pola unión dos parlamentos no ano 1707.

Historia editar

Consolidación do reino editar

A unificación do reino escocés foi o principal éxito dos descendentes de Malcolm III Canmore e súa esposa Margarida (posteriormente canonizada). Esa dinastía ocupou o trono até a morte de Alexandre III en 1286. O casamento entre membros das dinastías inglesa e escocesa estreitou os lazos entre os dous reinos. Moitas institucións escocesas foron creadas segundo o modelo inglés e varias familias normandas de Inglaterra estabelecéronse a partir de entón en Escocia. Ao redor de 1266 a dinastía Canmore exercía o control de toda a Escocia; mais, na parte central das Highlands e nas áreas cedidas polos nórdicos, ese control era aínda só nominal. O contacto con Inglaterra e co continente propiciou o desenvolvemento do comercio e a formación dos burgos.

Guerras de independencia editar

A morte de Alexandre III en 1286 fixo rexurdir problemas pendentes na relación entre a coroa escocesa e a inglesa. Como os dous únicos herdeiros de Alexandre morreran, xurdiron disputas entre descendentes máis afastados dos reis escoceses. Por influencia de Eduardo I de Inglaterra, venceu ao final Xoán Balliol (reinado 1292-1296) quen, non aceptando ás esixencias do rei inglés, encontrou a oposición dos baróns escoceses, que se aliaron con Filipe IV de Francia. Eduardo I invadiu Escocia en 1296, encontrando severa resistencia. En 1306, Robert the Bruce, un dos pretendentes ao trono escocés, revelouse contra o dominio inglés e fíxose coroar Rei en Scone. Eduardo II, fillo de Eduardo I, non foi capaz de levar adiante a guerra mantida por seu pai e, ao redor de 1314, case tódolos castelos ingleses de Escocia foron conquistados polas forzas de Bruce. Con todo, Inglaterra non recoñeceu o trono escocés até 1328.

Bruce faleceu en 1329, e o primeiro rei escocés en ser unxido e coroado foi o seu fillo, David II de Escocia (1329-1371). Eduardo Balliol, fillo de Xoán Balliol, conseguiu, tras varias loitas, chegar do trono co auxilio de Inglaterra, que recibiu en troco gran parte do sur de Escocia. A resistencia proseguiu no norte e no oeste até que os escoceses conseguiron recuperar a maior parte de seu territorio. Mais a continua e prolongada guerra contra os ingleses desorganizou a economía e enfraqueceu a autoridade do rei, fortalecendo aos baróns, que recibían grandes concesións territoriais para apoiar a coroa escocesa. Unha institución política beneficiouse, porén, dese período conturbado: o parlamento. Necesitando levantar diñeiro para as loitas, os reis por varias veces reuniron asembleas de nobres e representantes dos diversos burgos.

Fortalecemento da monarquía editar

No século XV, os reis escoceses procuraron restaurar súa autoridade. Xaime I de Escocia (1394-1437), ao volver de Inglaterra, onde estivera cativo durante dezaoito anos, neutralizou a influencia dos Estuardo, duques de Albany, que exerceran a rexencia do trono na súa ausencia. O seu sucesor, Xaime II (1437-1460), destruíu, á súa vez, o poderio dos Douglas. Xaime III (1460-1488) estendeu o control efectivo da coroa aos territorios do norte e do oeste ao reprimir unha rebelión (1475) liderada por John MacDonald, Earl de Ross; gañou tamén as illas Orcadas e Shetland, aínda so control nórdico. Xaime IV (1488-1513) consolidou o poder real naquelas illas e nas Hébridas, mais faleceu na batalla de Flodden (1513), cando auxiliaba a Francia na loita contra Inglaterra.

Tras un período conturbado durante a menoridade de Xaime V (1513-42), este asumiu o poder e continuou coa política de alianza cos franceses. Henrique VIII de Inglaterra invade entón Escocia e a armada escocesa é derrotada na batalla de Solway Moss (1542). Xaime V morre o mes seguinte, unha semana antes do nacemento da súa única herdeira, María Estuardo. As disputas con Inglaterra proseguiron durante a rexencia do conde de Arran, que chegou a un acordo cos franceses para a celebración do casamento de María con Francisco (máis tarde Francisco II de Francia), herdeiro do trono francés (1558).

Unión das dúas coroas editar

Xaime VI de Escocia, fillo de María Estuardo, ascendeu ao trono inglés, como Xaime I de Inglaterra, en 1603. Carlos I (1625-1649), tentando uniformar o goberno e o culto relixioso de Escocia coa Igrexa de Inglaterra, provocou disturbios. A convocatoria nacional, protestando contra as innovacións eclesiásticas, foi asinada en 1638 e, o mesmo ano, unha asemblea xeral aboliu o episcopado. En agosto de 1642 irrompeu a loita entre Carlos I e os seus opoñentes ingleses. Ámbalas partes procuraban obter o apoio dos escoceses, que resolveron axudar a oposición parlamentaria inglesa, en troco dun acordo pola unidade relixiosa con base no presbiterianismo. Os realistas foron derrotados en Inglaterra e en Escocia, e Carlos I rendeuse aos escoceses en 1646. Non chegando a un acordo co rei, os escoceses devolvérono á Inglaterra. O exército inglés, baixo a dirección de Oliver Cromwell, tornárase a maior forza política do reino, preferindo a independencia relixiosa ao presbiterianismo. Convencionais conservadores conseguiron obter do rei un compromiso de estabelecemento do presbiterianismo nos dous reinos por tres anos, e foron á loita en defensa do rei, sendo esmagados en Preston en 1648. O ano seguinte, Carlos I foi executado (1649). En 1651 toda Escocia estaba en poder de Cromwell, que adoptou unha política xusta en relación á relixión conquistada, mais non gañou a simpatía dos escoceses, descontentes cos pesados impostos.

Unión con Inglaterra editar

A comezos do século XVIII a principal razón da política inglesa era asegurar a sucesión do trono británico en caso de non ter descendencia directa. Así segundo a Lei de Establecemento, asinada en 1701, a coroa inglesa, en caso de non ter descendencia directa, pasaría á Casa de Hannóver, de relixión protestante. En 1702 a morte do rei Guillerme III trae o ascenso ao trono de Ana I, a cal non tiña herdeiro á morte do príncipe Guillerme de Gloucester no ano 1700.

No ano 1703 a unión dinástica entre o Reino de Inglaterra e o Reino de Escocia estaba en crise, xa que o Parlamento de Escocia pretendía instaurar con esta crise sucesoria unha dinastía independente, o que supuña a independencia total respecto de Inglaterra. Esta teórica independencia non era desexada por Inglaterra xa que o establecemento dun reino independente escocés podía carrexar unha alianza deste país con algún inimigo dos ingleses, e á súa vez, un ataque contra os seus territorios, polo cal, o problema escocés debía ser neutralizado e garantir a sucesión na Casa de Hannóver. A firma da Acta de Unión de 1707 trae consigo a desaparición do Reino de Inglaterra e do Reino de Escocia e a creación do Reino de Gran Bretaña, disolvéndose así os parlamentos de cada un destes dous reinos e establecendo o Parlamento do Reino Unido con sede no Palacio de Westminster.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar