Marquese Chriss

baloncestista estadounidense

Marquese De’Shawn Chriss, nado o 2 de xullo de 1997 en Sacramento, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Marquese Chriss
Axente libre
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 2 de xullo de 1997 (26 anos)
Sacramento, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto Pleasant Grove
(Elk Grove, California)
Universidade Washington (2015–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2016
Historial de equipos
Phoenix Suns (2016–2018)
Houston Rockets (2018–2019)
Cleveland Cavaliers (2019)
Golden State Warriors (2019–2021)
Dallas Mavericks (2021–2022)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2017)

Traxectoria editar

Chriss foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Sacramento Kings. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dos dereitos de Bogdan Bogdanović e os dereitos das eleccións 13ª e 28ª do Draft, Georgios Papagiannis e Skal Labissière.[1]

O 31 de agosto de 2018, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight ós Houston Rockets a cambio de Ryan Anderson e De'Anthony Melton.[2]

O 7 de febreiro de 2019, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[3]

O 30 de setembro de 2019, Chriss asinou cos Golden State Warriors.[4] O 25 de marzo de 2021, Chriss foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio dos dereitos do Draft de Cady Lalanne.[5] Tres días máis tarde, foi cortado polos Spurs.[6]

O 24 de xuño de 2022, Chriss foi traspasado xunto a Boban Marjanović, Trey Burke, Sterling Brown e os dereitos do Draft de Wendell Moore ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood.[7] Sen chegar a debutar cos Rockets, foise traspasado o 30 de setembro de 2022 ós Oklahoma City Thunder xunto a Trey Burke, David Nwaba e Sterling Brown, a cambio de Derrick Favors, Ty Jerome, Maurice Harkless, Théo Maledon e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[8] O 17 de outubro de 2022, os Thunder cortaron a Chriss.[9]

Notas editar

  1. Suns Acquire Marquese Chriss in Draft-Day Trade with Kings
  2. "Rockets Complete Four Player Trade with Suns". NBA.com. 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  3. "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  4. "Warriors Sign Free Agent Forward Marquese Chriss". Warriors PR on Twitter. 30 de setembro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  5. "Spurs complete trade with Warriors". NBA.com. 25 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  6. Stein, Marc (28 de marzo de 2021). "The Spurs announce the release of Marquese Chriss...". Twitter.com. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  7. "Mavericks' trade for center Christian Wood is official". Dallas Mavericks. Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  8. "Thunder Acquires Sterling Brown, Trey Burke, Marquese Chriss, David Nwaba and Generates Two Trade Exceptions". NBA.com. 30 de setembro de 2022. Consultado o 1 de outubro de 2022. 
  9. "OKC Thunder news: David Nwaba, Trey Burke, Marquese Chriss waived". USA Today. Consultado o 18 de decembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar