Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial

artigo de listas da Wikimedia

Hai 53 municipios en Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial.[1][2] En Finlandia, en decembro de 2013, o 89,3 % da poboación falaba finés, o 5,3 % sueco, e o 0,04 % linguas saamis.[3] Tanto o finés como o sueco son linguas oficiais de Finlandia.[4] Oficialmente, un municipio é bilingüe se a poboación que fala a lingua minoritaria é canto menos o 8 % da poboación total, ou ten canto menos 3 000 falantes.[1] Un municipio previamente bilingüe mantense co status se a proporción da lingua minoritaria descende por baixo do 8 %, ata o 6 %. Se cae por debaixo do 6 %, é posible que o municipio se manteña bilingüe por decreto gobernamental, por recomendación do consello municipal, durante dez anos máis.[5] Entre os municipios que fan uso da regra dos 3 000 falantes inclúense a capital Helsinqui e o centro cultural da comunidade sueca finlandesa, Turku. No arquipélago das Åland, onde só o sueco é oficial[6], nunca se aplicou a lei lingüística de 1922 e segundo indica o artigo 7 da nova lei de 2003 a rexión queda fóra do seu ámbito. No continente, a maior proporción de falantes de lingua sueca encóntrase na costa occidental, en Ostrobotnia.[7]

     Municipios oficialmente unilingües en finés.      Municipios bilingües co finés como lingua maioritaria.      Municipios bilingües co sueco como lingua maioritaria.      Municipios unilingües en sueco (incluído Åland)      Municipios bilingües en linguas saamis.

Dos 317 municipios de Finlandia, 16 son unilingües en lingua sueca. 33 municipios son bilingües en finés e sueco; e deles, 15 teñen como lingua maioritaria o sueco e en 18 é o finés a lingua maioritaria.[1][8] Catro municipios, todos localizados en Laponia, teñen como lingua maioritaria o finés e algunha lingua saami como lingua minoritaria: Enontekiö, Inari, Sodankylä e Utsjoki.[2] Inicialmente, só a lingua sueca recibiu o bilingüismo oficial, a través da lei lingüística de 1922;[5] disposicións similares estendéronse ás linguas saamis a través dunha lei de 1991.[2] A lei de 1922 foi substituída por unha nova mais en boa parte similar en 2003.[5]

Cambios nos municipios editar

1933 editar

1943 editar

  • Karjaa e Pernå pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües con maioría de falantes en lingua sueca.[13]
  • Lapinjärvi mudou de localidade de maioría de lingua sueca a finesa.[13]
  • Iniö pasou de ser un municipio bilingüe de maioría sueca a ser unilingüe nesa lingua.[13]
  • Tuusula pasou de ser bilingüe con maioría de falantes de finés a unilingüe nesa lingua.[13]

1953 editar

  • Korpo, Korsholm e Sipoo pasaron de ser unilingües en sueco para ser bilingües con maioría de falantes de lingua sueca.[14]
  • Espoo a lingua maioritaria pasou do sueco ao finés.[14]
  • Kerava e Lohja pasaron de ser bilingües con maioría de falantes en lingua finesa a ser unilingües nesa lingua.[14]

1963 editar

1973 editar

1983 editar

1993 editar

2003 editar

  • Houtskär e Maxmo pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, manténdose o sueco como lingua maioritaria.[19]
  • Durante os seguintes dez anos Lohja mantívose como municipio bilingüe co finés como lingua maioritaria.[19]
  • Sipoo pasou dunha maioría de falantes de sueco a unha maioría de falantes de finés.[19]

2015 editar

  • Korsnäs e Larsmo pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, mantendo todos eles o sueco como lingua maioritaria.[19]

2016 editar

  • Närpes pasou de ser unilingüe en sueco para pasar a ser bilingüe, mantendo o sueco como lingua maioritaria.[19]

Municipios editar

Nome na lingua maioritaria Nome na(s) lingua(s) minoritaria(s) Lingua(s) Porcentaxe da poboación
que fala unha lingua oficial
distinta do finés
31 de decembro de 2013[3]
Porcentaxe da poboación
que fala unha lingua oficial
distinta do finés
31 de decembro de 2016[20]
Rexión
Brändö Unilingüe en sueco 78,7 72,6 , ÅlandÅland
Eckerö Unilingüe en sueco 89,1 89,7 , ÅlandÅland
Enontekiö saami setentrional: Eanodat
sueco: Enontekis
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 10,8 10,6 Laponia
Espoo Esbo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 7,8 7,2 Uusimaa
Finström Unilingüe en sueco 91,7 89,8 , ÅlandÅland
Föglö Unilingüe en sueco 85,7 84,2 , ÅlandÅland
Geta Unilingüe en sueco 87,2 86,9 , ÅlandÅland
Hammarland Unilingüe en sueco 92,5 89,7 , ÅlandÅland
Hanko Hangö Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 42,8 42,8 Uusimaa
Helsinqui Helsingfors Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 5,9 5,7 Uusimaa
Inari saami de Inari: Aanaar
saami setentrional: Anár
saami de Skolt: Aanar
sueco: Enare
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 6,4 6,6 Laponia
Ingå Inkoo Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 54,3 52,9 Uusimaa
Jakobstad Pietarsaari Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 55,8 56,2 Ostrobotnia
Jomala Unilingüe en sueco 90,1 89,1 , ÅlandÅland
Kaskinen Kaskö Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 28,5 29,9 Ostrobotnia
Kauniainen Grankulla Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 35,9 34,1 Uusimaa
Kimitoön Kemiönsaari Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 70,3 68,5 Finlandia Propia
Kirkkonummi Kyrkslätt Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 17,6 16,6 Uusimaa
Kökar Unilingüe en sueco 88,4 87,7 , ÅlandÅland
Kokkola Karleby Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 13,1 12,6 Ostrobotnia Central
Korsholm Mustasaari Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 69,0 68,9 Ostrobotnia
Korsnäs Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 87,2 85,8 Ostrobotnia
Kristinestad Kristiinankaupunki Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 55,4 54,6 Ostrobotnia
Kronoby Kruunupyy Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 80,7 78,4 Ostrobotnia
Kumlinge Unilingüe en sueco 90,3 85,4 , ÅlandÅland
Lapinjärvi Lappträsk Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 32,8 31,2 Uusimaa
Larsmo Luoto Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 92,5 91,8 Ostrobotnia
Lemland Unilingüe en sueco 92,9 92,1 , ÅlandÅland
Lohja Lojo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 3,5 3,5 Uusimaa
Loviisa Lovisa Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 42,0 40,8 Uusimaa
Lumparland Unilingüe en sueco 91,0 86,6 , ÅlandÅland
Malax Maalahti Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 86,1 85,5 Ostrobotnia
Mariehamn Maarianhamina Unilingüe en sueco 85,7 84,2 , ÅlandÅland
Myrskylä Mörskom Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 9,8 9,2 Uusimaa
Närpes Närpiö Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 84,8 80,4 Ostrobotnia
Nykarleby Uusikaarlepyy Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 87,3 86,7 Ostrobotnia
Pargas Parainen Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 56,4 55,4 Finlandia Propia
Pedersöre Pedersören kunta Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 89,7 89,3 Ostrobotnia
Porvoo Borgå Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 30,4 29,6 Uusimaa
Pyhtää Pyttis Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 8,1 7,6 Kymenlaakso
Raseborg Raasepori Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 65,4 64,7 Uusimaa
Saltvik Unilingüe en sueco 92,8 91,9 , ÅlandÅland
Sipoo Sibbo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 35,6 32,6 Uusimaa
Siuntio Sjundeå Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 29,6 28,5 Uusimaa
Sodankylä saami de Inari: Suáđigil
saami setentrional: Soađegilli
saami de Skolt: Suäˊđjel
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 1,6 1,6 Laponia
Sottunga Unilingüe en sueco 91,0 93,5 , ÅlandÅland
Sund Unilingüe en sueco 92,3 88,9 , ÅlandÅland
Turku Åbo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 5,4 5,4 Finlandia Propia
Utsjoki saami setentrional: Ohcejohka
saami de Inari: Uccjuuhâ
saami de Skolt: Uccjokk
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 46,0 45,0 Laponia
Vaasa Vasa Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 22,7 22,8 Ostrobotnia
Vantaa Vanda Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 2,7 2,5 Uusimaa
Vårdö Unilingüe en sueco 90,1 88,1 , ÅlandÅland
Vörå Vöyri Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 82,6 81,1 Ostrobotnia

Notas editar

  1. O Helsingin maalaiskunta, coñecido en sueco como Helsinge, e que constitúe o actual concello de Vantaa.[9]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Ruotsin- ja kaksikieliset kunnat" ("Swedish and Bilingual Municipalities")" (PDF) (en finés). Asociación de Autoridades Locais e Rexionais de Finlandia. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kenneth Douglas McRae, Mika Helander, Sari Luoma, Conflict and Compromise in Multilingual Societies: Finland, Volume 3, p. 231. Wilfrid Laurier University Press, 1999, ISBN 978-088920-347-1
  3. 3,0 3,1 ""Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 – 2013" ("Population according to language and the number of foreigners and land area by region 1980 – 2013"" (en finés). Statistics Finland. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2019. 
  4. Heikki E. S. Mattila, Comparative Legal Linguistics, p. 55. Ashgate Publishing, Ltd., 2006, ISBN 978-075464-874-1
  5. 5,0 5,1 5,2 Olli-Pekka Salo, "Finland's Official Bilingualism – A Bed of Roses or of Procrustes?", in Jan Blommaert, Sirpa Leppänen, Päivi Pahta (eds.), Dangerous Multilingualism: Northern Perspectives on Order, Purity and Normality, p. 28–9. Palgrave Macmillan, 2012, ISBN 978-023032-141-0
  6. "Självstyrelselag för Åland". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 04 de abril de 2021. artigo 36:Landskapet är enspråkigt svenskt. Ämbetsspråket i stats-, landskaps- och kommunalförvaltningen är svenska: A rexión é monolingüe sueca. A lingua oficial da administración estatal, rexional e municipal é o sueco 
  7. Claus D. Pusch, "Old Minorities within a Language Space", in Peter Auer, Jürgen Erich Schmidt (eds.), Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation, Volume 1, p. 385–6. Walter de Gruyter, 2010, ISBN 978-311018-002-2
  8. "Statsrådets förordning om kommunernas språkliga status åren 2013–2022" (en sueco). Finlex. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2020. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  9. Harvia, Yrjö (1936). SUPISTETUSTA HELSINGIN MAALAIS- KUNNAST A (PDF) (en finés). Helsinqui. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Cambios nos municipios en 1933 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
  11. "Hallinnon kieli" (PDF). Vantaan kaupunginarkiston kokoelmat sukututkijan silmin (en finés). vantaanseudunsukututkijat.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 4 de abril de 2021. 
  12. "Kokkolan kaupunginkirjaston historia. Kirjakunta ja lainaustoiminta" (en finés). Cidade de Kokkola. Consultado o 4 de abril de 2021. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Cambios nos municipios en 1943 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
  14. 14,0 14,1 14,2 Cambios nos municipios en 1953[Ligazón morta] (require subscrición)
  15. Cambios nos municipios en 1963 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
  16. 16,0 16,1 Cambios nos municipios en 1973[Ligazón morta] (require subscrición)
  17. 17,0 17,1 Cambios nos municipios en 1983 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
  18. Huotari, Päivi (23 de xuño de 1992). "Maalahti, Iniö ja Västanfjärd kaksikielisiksi". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 "Luokituksen kuvaus" (en finés). Statistics Finland. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2021. Consultado o 4 de abril de 2021. 
  20. "11rm -- Kieli sukupuolen mukaan kunnittain, 1990-2020" (en finés). Statistics Finland. 31 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2020. Consultado o 4 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar