Coordenadas: 59°55′15″N 20°54′35″L / 59.92083, -20.90972

Kökar é unha illa e municipio do arquipélago de Åland, Finlandia. Ten unha poboación de 293 habitantes e unha superficie de 57.80 km². A densidade de poboación é de 5.1 habitantes por km². Na illa localízase a reserva natural de Östra Långskär. Habitada desde hai 3000 anos por xente que vivía do que daba o mar. No século XV construíuse un mosteiro franciscano que actualmente está en ruínas, no seu lugar en 1784 edificouse unha igrexa dedicada a Santa Ana.

Kökar
Igrexa de Kökar.
Localización
Kökar en Finlandia
Kökar
Kökar
PaísFinlandia
RexiónÅland
SubrexiónÅlands skärgård
Xeografía
Superficie63,94 km²
Demografía
Poboación250 hab. (2013)[1]
Densidade3,93 hab./km²
Outros datos
Páxina oficial de Kökar

Correo Editar

A illa consta dunha oficina de correos na que traballan cinco empregados. Todo o correo, agás o xerado localmente, se recibe por barco e se distribúe nunha furgoneta, a oficina conta co seu propio servizo filatélico, probablemente o que ten unha taxa de cobertura por habitante máis pequeno do mundo polo que a illa é coñecida internacionalmente nos ambientes filatélicos.

Notas Editar

  1. "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 05 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar