Mariehamn
Coordenadas: 60°05′55″N 19°56′40″L / 60.09861, -19.94444
Mariehamn en sueco, Maarianhamina en finés, é a capital da Provincia das Illas de Åland (Finlandia), que conta cunha poboación de 11.775 habitantes en 2019, dos cales o 91% son de lingua sueca. A cidade foi fundada en 1861 e debe o seu nome ("porto de María") a María Alexandrovna, esposa do tsar Alexandre II de Rusia. A cidade é famosa, sobre todo, como destino de turismo estival, anualmente uns 1,5 millóns de persoas visitan a cidade.
Mariehamn | ||
---|---|---|
Vista da cidade | ||
Localización | ||
País | Finlandia | |
Rexión | Åland | |
Subrexión | Mariehamn | |
Xeografía | ||
Superficie | 11,79 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 11775 hab. (31/1/2019) | |
Densidade | 998,72 hab./km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Edgar Vickström | |
Páxina Oficial |
HistoriaEditar
A cidade tomou o nome de tsarina rusa María Alexandrovna. Mariehamn fundouse en 1861, ao redor da aldea de Övernäs, a que no seu momento formaba parte do municipio de Jomala. A cidade expandiuse e incorporou máis do territorio de Jomala. Mariehamn construíuse segundo un esquema moi regular que está ben conservado. Unha das rúas máis antigas é Södragatan onde se poden ver moitas casas de madeira do século XIX.
Despois da Primeira Guerra Mundial Mariehamn foi a sede da frota de granos Mariehamn.[1]
Lugares de intereseEditar
- Museo do veleiro Pommern
- Museo de Åland
- Parlamento de Åland (Lagtinget)
- Castelo de Kastelholm
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mariehamn |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial (en sueco)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- ↑ Derby., W L A (1937). "Mariehamn's Grain Fleet - Shipping Wonders of the World". Shipping Wonders of the World (21 de xullo de 1937): 746–749.