Filipe I de Borgoña

Filipe I, chamado tamén Filipe de Rouvre, nado en Rouvres-en-Plaine, Dijon no ano 1346 e finado no Castelo de Rouvre o  21 de novembro de 1361, foi conde e logo duque de Borgoña até a súa morte.

Infotaula de personaFilipe I de Borgoña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1346 Editar o valor em Wikidata
Rouvres-en-Plaine, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 1361 Editar o valor em Wikidata (15 anos)
Rouvres-en-Plaine, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Peste Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAbadia de Cister (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque de Borgoña (1349–1361)
Count of Boulogne (en) Traducir
Count of Auvergne (en) Traducir
Conde de Borgoña Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargarida III de Flandres (1356 (Gregoriano)–)
PaisFilipe de Borgoña Editar o valor em Wikidata  e Joana I, Condessa de Auvérnia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJoan of Burgundy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Rouvres-1 Find a Grave: 12406692 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi o único fillo de Filipe (1323-1346), herdeiro do condado de Borgoña, e de Xoana I de Auvernia. Foi o sucesor do seu avó Odón (1295-1350) ao tres anos de idade. O seu pai era o unixénito do duque Odón IV de Borgoña e de Xoana III de Borgoña, condesa de Borgoña e Artois.

Durante a menor idade de Felipe gobernou nos seus Estados Xoán, duque de Normandía, segundo esposo da súa nai, Xoana de Auvergne, e máis tarde rei de Francia. Despois da derrota de Poitiers (1356), Xoana encargouse da tutela, que durou até a súa morte (1360). Filipe, que xa dera mostra de gran madurez de xuízo, foi declarado entón maior de idade.

Ao asumir a súa posición Filipe dominaba unha parte importante de Europa. Ademais do ducado de Borgoña mesmo e das terras de Auvernia e Boulogne adquiridas a través da súa nai, así como a herdanza da súa avoa dos condados de Artois e Borgoña (provincias do Franco Condado)(terras que o directamente gobernaba, no seu propio dereito), o matrimonio desde 1355[1] con Margarida III de Flandres, herdeira do condado de Flandres, trouxo consigo a promesa da futura tenencia dos estados de Flandres, Nevers, e Rethel, Brabante e Limburgo.[2]

Con todo, Filipe contraeu a peste[3] e morreu en 1361 ben por mor desta enfermidade ou por un accidente montando a cabalo,[4] antes de que puidese consumar a unión con Margarida (á súa morte, tiña 15 anos de idade). Sen fillos, irmáns, ou curmáns, as súas terras foron divididas entre o rei Xoán II de Francia e Xoán de Boulogne, un tío e a súa tía Margarida I de Borgoña.

Xoán de Boulogne e Auvernia, un tío avó materno, herdou Boulogne e Auvernia, propiedades que Filipe herdou da súa nai Xoana.

Margarida I de Borgoña, condesa viúva de Flandres e tía de Filipe, herdou Artois e o Condado Palatino de Borgoña, como a seguinte na liña sucesoria, xa que era a irmá máis nova da avoa paterna de Filipe, Xoana, ambas as fillas de Xoana II de Borgoña, condesa de Artois, Borgoña e raíña de Francia polo seu matrimonio co rei Filipe V de Francia.

Morte e sucesión editar

En 1361 aos 15 anos de idade, Filipe morreu. Discútese se foi por mor da peste bubónica[5] ou polas feridas causadas por un accidente montando a cabalo,[4] antes de que puidera consumar o seu matrimonio con Margarida. Coa súa morte, o rei Xoán II de Francia reclamou o ducado de Borgoña para Francia,[4] nomeando ao seu fillo máis novo, Filipe o Calvo tenente-xeneral o 27 de xuño de 1363 e duque de Borgoña en xuño de 1364.[6]

Notas editar

  1. Wim Blockmans and Walter Prevenier, The Promised Lands: The Low Countries Under Burgundian Rule, 1369-1530, transl. Elizabeth Fackelman, ed. Edward Peters, (University of Pennsylvania Press, 1999), 13.
  2. Petit, E. Histoire des ducs de Bourgogne de la race capétienne tomo IX. p. 249. 
  3. Castles and Town Residences of Philip the Bold, Duke of Burgundy (1364-1404), Patrick M. De Winter, Artibus et Historiae, Vol. 4, No. 8 (1983), 95.
  4. 4,0 4,1 4,2 W. Mark Ormrod, Edward III, (Yale University Press, 2011), 417.
  5. Castles and Town Residences of Philip the Bold, Duke of Burgundy (1364-1404), Patrick M. De Winter, Artibus et Historiae, Vol. 4, No. 8 (1983), 95.
  6. Richard Vaughan, Philip the Bold: The Formation of the Burgundian State, Vol. 1, (The Boydell Press, 2005), 152.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar