Convento de Santa Bárbara da Coruña

construción relixiosa na Coruña

O convento de Santa Bárbara é un convento de clausura situado na praza homónima da Cidade Vella da Coruña.

Convento de Santa Bárbara da Coruña
Entrada ao convento.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoConvento
AdvocaciónSanta Bárbara
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°22′15″N 8°23′29″O / 43.370833, -8.391389Coordenadas: 43°22′15″N 8°23′29″O / 43.370833, -8.391389
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
ConstruciónSéculos XV ao XVIII
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Interior do convento.

O convento construíuse sobre unha capela do século XV próxima á muralla.[1] Aparece citado por primeira vez nun documento de 1444 e a súa fundación foi aprobada en 1491 polo papa Alexandre VI.[2]

A partir do século XVI o convento consolidouse e recibiu un gran número de doazóns. Ademais, dende mediados dese século, os membros da Real Audiencia de Galicia participaban nos oficios de Xoves Santo e Venres Santo na igrexa do convento.

En 1683 acolleu as monxas capuchinas que chegaron para fundar o convento das Marabillas, mentres se erguía o edificio nas Panadeiras.[3]

O edificio foi modificado e ampliado en múltiples ocasións, por exemplo, no século XVIII, grazas ao incremento das súas rendas, edificouse o "pavillón inglés". No século XIX houbo varios desaloxos do edificio: en 1809 por orde das autoridades francesas, en 1823 no contexto do "trienio liberal" e, de forma definitiva, en 1846 pola desamortización de Mendizábal.[2]

En 1971, o conxunto histórico da contorna do convento foi declarado ben de interese cultural gozando dende entón da máxima protección patrimonial.[4] O mosteiro integrouse na Orde de Santa Clara no ano 1912 e contaba cunha comunidade de 18 clarisas descalzas no 2021.[2][5] Coma noutros conventos galegos das clarisas, existe a tradición de doar ovos á comunidade para pedir polo bo tempo nos días dos casamentos.[6]

Descrición editar

Do edificio medieval non se conserva mais que o relevo que preside a porta e que foi colocado aí en 1613 e que puido pertencer a un baldaquino ou a un sartego gótico do século XIV.[7] Representa a peregrinación como unha das vías penitenciais para a salvación. Mostra o Xuízo Final e está presidido pola Trindade; o Pai Eterno sostén a Cristo crucificado, acompañado pola lúa e o sol. Á esquerda, o arcanxo San Miguel pesa as almas de peregrinos e monxes que van chegando pola dereita, entre árbores. Á dereita aparecen San Miguel e un dragón. No interior, outro relevo (pertencente talvez á capela primitiva) mostra a Santa Catarina e a Santa Bárbara. Consérvase ademais un arco apuntado.

O edifico posúe un patio de acceso á igrexa e unha torre miradoiro de planta cadrada, en cuxa parte superior hai fiestras enreixadas. O lenzo mural que pecha a praza á que dan os dormitorios das monxas foi deseñado por Fernando de Casas Novoa e iniciado en 1738.[8] A lentitude da súa construción explica a data 1786 que aparece na fachada.[7] Esta á do conxunto é denominado "pavillón inglés" e ademais dos espazos para as celas das monxas, conta co portón para os carros.

Notas editar

  1. PEPRI
  2. 2,0 2,1 2,2 "Los seis siglos del convento de Santa Bárbara". El Ideal Gallego (en castelán). 3-1-2016. Consultado o 24-6-2016. 
  3. Fernández Garcés, Javier (2015). "El convento de las Capuchinas de A Coruña. Origen y transformaciones". Tracería. Revista de rehabilitación arquitectónica (1): 53–60. ISSN 2444-9547. 
  4. Miranda, Carlos (2021-04-15). "El día que las Bárbaras se salvó del desarrollismo". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 
  5. "Sin bodas no hay huevos, sin huevos no hay dulces". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-04-11. Consultado o 2022-11-20. 
  6. Otero, Marta (2019-07-06). "La vida secreta de las Clarisas en A Coruña". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 
  7. 7,0 7,1 PEPRI
  8. "Terciarias, capuchinas, clarisas y franciscanas misioneras de la madre del Divino Pastor en A Coruña". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar