Marie-Anne Charlotte Corday d'Armont, nada en Saint-Saturnin-des-Ligneries (Orne) o 27 de xullo de 1768 e finada en París o 17 de xullo de 1793, foi unha figura da Revolución Francesa que entrou na historia ao asasinar de forma premeditada o líder xacobino Jean-Paul Marat, que era en parte responsable do xiro máis radical que tomara a revolución mediante o seu papel como político e xornalista.[1]

Infotaula de personaCharlotte Corday

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie-Anne Charlotte de Corday Editar o valor em Wikidata
27 de xullo de 1768 Editar o valor em Wikidata
Ligneries, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 1793 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Praza da Concordia, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière de la Madeleine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNormandía Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrevolucionario , asasina Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
Condenado porasasinato Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Corday-4 Find a Grave: 3238 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Casa natal de Corday
 
Charlotte Corday despois de matar a Marat, pintura de Paul Jacques Aimé Baudry.

Natural de Saint-Saturnin-des-Ligneries, Charlotte de Corday pertencía a unha familia da aristocracia da Normandía. Era descendente por liña materna de quinta xeración do dramaturgo Pierre Corneille.

Cando Corday era unha moza, morreron a súa irmá máis vella e a súa nai, Charlotte Marie Jacqueline Gaultier de Mesnival. O seu pai, Jacques François de Corday, Seigneur d'Armont (1737–1798), incapaz de superar a pena polas mortes, enviou a Corday e as súas irmás máis novas ao convento Abbaye aux Dames de Caen, onde accedeu á biblioteca da abadía e atopou por primeira vez os escritos de Plutarco, Rousseau e Voltaire.[2] A partir de 1791, viviu en Caen coa súa prima Madame Le Coustellier de Bretteville-Gouville. Ambas desenvolveron unha relación moi próxima e Corday era a única herdeira das posesións da súa prima.[2]

Despois de que a revolución se radicalizase e encamiñase cara ao Terror, Corday comezou a simpatizar cos xirondinos. Admiraba os seus discursos e gañou o cariño de moitos dos grupos xirondinos que coñeceu mentres vivía en Caen. Tamén respectaba os seus principios políticos e aliñouse co seu pensamento. Considerábaos o movemento que ao final salvaría Francia.[3]

A decisión de Corday de matar a Marat foi estimulada non só pola súa repugnancia aos masacres de setembro, dos que consideraba a Marat responsables, senón polo seu medo a unha guerra civil total.[2] Ela cría que Marat estaba ameazando a república e que a súa morte remataría coa violencia na nación. Tamén cría que o rei Lois XVI non debera ser executado.[2] O 9 de xullo de 1793, Corday deixou a súa prima, colleu unha copia de Vidas paralelas de Plutarco e foi a París, collendo un cuarto no Hôtel de Providence.[4] Comprou un coitelo de cociña cunha folla de 15 cm. Durante os seguintes días escribiu Addresse aux Français amis des lois et de la paix ("Carta ao pobo francés, amigos da lei e da paz") para explicar os motivos para asasinar a Marat.[5]

Corday planeaba asasinalo fronte á Convención Nacional para que servise de exemplo, mais tras chegar a París descubriu que Marat xa non acudía ás reunións porque a súa saúde estaba deteriorándose por unha doenza na pel (quizais dermatitis herpetiformis). Entón viuse forzada a cambiar o plan e presentouse na súa casa do número 30 da rue des Cordeliers antes do mediodía do sábado 13 de xullo (véspera do cuarto aniversario da toma da Bastila), informando de que tiña coñecemento dun plan de sublevación xirondina en Caen; foi afastada por Catherine Evrard, irmá da prometida de Marat, Simonne.[6] Cando volveu esa noite, Marat deixouna pasar. Nesa época, levaba a maioría dos seus asuntos na bañeira a causa do seu problema na pel. Marat escribiu os nomes dos xirondinos que ela lle deu e entón cravoulle o coitelo no seu peito. Antes de morrer, Marat implorou Aidez, ma chère amie! ("axúdeme, querida amiga!").[7] En resposta do berro de Marat, Simonne Evrard correu ao cuarto. A ela uniuse un repartidor do seu xornal, que agarrou a Corday. Dous veciños, un cirurxián militar e un dentista intentaron revivir a Marat. Chegaron logo oficiais republicanos para interrogar a Corday e calmar a multitude histérica que parecía preparada para linchala.[8]

O xuízo durou catro días, tralos que foi condenada á morte. No xuízo testemuñou que levara a cabo o asasinato ela soa.

O 17 de xullo de 1793, catro días despois do asasinato, Corday foi executada con guillotina na Place de Greve levando a capa vermella que denotaba un traidor condenado por asasinar un representante do pobo. Permaneceu en calma mentres estaba soa de pé no cadafalso entre unha gran e curiosa multitude, aínda que resultou empapada por unha súpeta chuvieira de verán.[9] O seu cadáver foi disposto no cemiterio da Madeleine.

Referencias culturais editar

Galería editar

Notas editar

  1. "Le procès de Charlotte Corday". Ministerio de Xustiza. 23 de agosto de 2011. Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Whitham, John Mills (1968). Men and Women of the French Revolution. Freeport, NY: Books for Libraries Press. 
  3. Cher, Marie (1929). Charlotte Corday and Certain Men Of The Revolutionary Torment. Nova York: D. Appleton and Company. p. 70. ISBN 1-4366-8354-8. 
  4. O Hotel estab no número 19 da rue des Vieux Augustins, na actualidade, rue d'Argout
  5. Richard Cobb, page 192 "The French Revolution. Voices From A Momentous Epoch" CN 8039, Guild Publishing 1988
  6. Schama 2005, páx. 735.
  7. Schama 2005, páx. 736.
  8. Schama 2005, páx. 737.
  9. Schama 2005, páx. 741.
  10. Shelley, Percy Bysshe; Hogg, Thomas Jefferson (1810). Posthumous fragments of Margaret Nicholson; being poems found amongst the papers of that noted female who attempted the life of the king in 1786. Oxford, UK: J. Munday. pp. 11–17. 
  11. de Lamartine, Alphonse (1995). Histoire de Charlotte Corday: un livre de l'Histoire des Girondins [History of Charlotte Corday: A book of the History of the Girondins] (en francés). Editions Champ Vallon. p. 13. ISBN 9782876732025. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  12. Ponsard, François (1867). Cassal, C., ed. Charlotte Corday: A Tragedy. Trübner and Company. p. 7. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  13. "Charlotte Corday (1942)" (PDF). Archives Drieu La Rochelle (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  14. Lom, Herbert (1993). Dr Guillotine: The Eccentric Exploits of an Early Scientist. Trafalgar Square. ISBN 978-1856191111. 
  15. Charlotte Corday en Allmusic
  16. Perez, Damien; Ricaume, Sophie; Alexander, Alexis (2014). L'Ordre Du Chaos (en francés). IV. Charlotte Corday. Delcourt. ISBN 978-2756024820. 
  17. "The Revolutionists". New Play Exchange (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alstine, RK van (2008). Charlotte Corday. Kellock Robertson Press. ISBN 978-1-4097-9658-9. 
  • Corazzo, Nina, and Catherine R. Montfort (1994). "Charlotte Corday: femme-homme". En Montfort, Catherine R. Literate Women and the French Revolution of 1789. Birmingham, AL: Umma Publications. 
  • Corday, Charlotte. L’Addresse aux Français amis des lois et de la paix [Address to French friends of the Law and Peace]. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2018. Consultado o 03 de novembro de 2018. 
  • Franklin, Charles (1967). Woman in the Case. Nova York: Taplinger. 
  • Goldsmith, Margaret L. (1935). Seven Women Against the World. Londres: Methuen. 
  • Gutwirth, Madelyn (1992). The Twilight of the Goddesses; Women and Representation in the French Revolutionary Era. New Brunswick, NJ: Rutgers University Press. 
  • Kindleberger, Elizabeth R (1994). "Charlotte Corday in Text and Image: A Case Study in the French Revolution and Women's History". French Historical Studies 18. pp. 969–99. 
  • Loomis, Stanley (1964). Paris in the Terror. JB Lippincott. 
  • Mazeau, Guillaume (2009). Le bain de l'histoire. Charlotte Corday et l'attentat contre Marat (1793–2009). Champ Vallon: Seyssel. 
  • ———— (2009). Corday contre Marat. Deux siècles d'images. Versailles: Artlys. 
  • ———— (2006). Charlotte Corday en 30 Questions. La Crèche. Geste éditions. 
  • Outram, Dorinda (1989). The Body and the French Revolution: Sex, Class and Political Culture. New Haven: Yale University Press. 
  • Schama, Simon; Livesey, John (2005). Citizens: A Chronicle of the French Revolution. Londres: Royal National Institute of the Blind. ISBN 0-670-81012-6. 
  • Sokolnikova, Halina (1932). Nine Women Drawn from the Epoch of the French Revolution. traducido por H C Stevens. Cape, NY. 
  • Whitham, John Mills (1968). Men and Women of the French Revolution. Freeport, NY: Books for Libraries Press. 

Ligazóns externas editar