O Terror (en francés: la Terreur) foi un período de cambios centrados na violencia da Revolución Francesa, que durou desde setembro de 1793 á primavera de 1794, e que xerou numerosos debates entre os historiadores. Segundo algúns deles, o Terror estaba «caracterizado pola brutal represión dos revolucionarios mediante o recurso ao terrorismo de Estado», mentres que, para outros, o Terror aparece como unha arma de duplo gume, que ao tempo que segou a vida de moitos inocentes, tamén acabou con numerosos complots de especuladores e reaccionarios en París e outras partes de Francia, co que, para os que así opinan, o Terror se xustificaría en parte.

Maximilien de Robespierre, deputado e un dos membros máis influentes do Comité de Salvación Pública.

Este período transcorreu baixo a éxida do Comité de Salvación Pública, órgano executivo creado en abril de 1793 para apoiar e reforzar a acción do Comité de Seguridade Xeral que existía desde 1792.

Habitualmente o termo xeneralízase para dúas etapas: o Terror Vermello, no que foron os xacobinos os seus instigadores e executores, e o inmediatamente posterior Terror Branco, desenvolvido durante a Reacción termidoriana.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.