Cataratas Victoria

Coordenadas: 17°55′29″S 25°51′29″L / -17.924777777778, 25.858055555556

As Cataratas Victoria (Lozi: Mosi-oa-Tunya, "O fume que trona") é unha catarata no sur de África no río Zambeze na fronteira entre Zambia e Cimbabue.

Mosi-oa-Tunya / Cataratas Victoria
Cataratas Victoria
Cataratas Victoria en Zambia
Cataratas Victoria
Cataratas Victoria
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísZambia Zambia
Cimbabue Cimbabue
TipoNatural
CriteriosVII, VIII
Inscrición1989 (13º sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador509

Orixes do nome editar

Crese que David Livingstone, o misioneiro e explorador escocés, foi o primeiro europeo en ver as cataratas Victoria o 16 de novembro de 1855, do que hoxe se coñece como Illa Livingstone, unha das dúas masas terrestres no medio do río, inmediatamente augas arriba das cataratas preto da costa de Zambia.[1] Livingstone nomeou o seu avistamento en honra á Raíña Vitoria do Reino Unido, pero o nome indíxena Lozi, Mosi-oa-Tunya - "O Fume que trona " tamén continúa no uso común. A Lista do Patrimonio da Humanidade recoñece oficialmente os dous nomes.[2]. Livingstone tamén cita un nome máis antigo, "Seongo" ou "Chongwe", que significa "O Lugar do Arco da Vella". como resultado da constante auga pulverizada.[3]

O próximo parque nacional de Zambia chámase Mosi-oa-Tunya, mentres que o parque nacional e a cidade da costa de Zimbabue son nomeados como Victoria Falls (cataratas Victoria).[4]

Tamaño editar

 
Vista aérea
Cataratas Victoria vista de Zimbabwe en xullo.

Aínda que non é a catarata máis alta nin a máis ancha do mundo, as Cataratas Victoria están clasificadas como as máis grandes, en función da súa combinación de 1.708 m.[5] de ancho e 108 m.[6] de altura, resultando a maior folla de auga caendo do mundo. As cataratas Victoria teñen aproximadamente o dobre da altura das Cataratas do Niágara de Norteamérica e moito máis que o dobre das cataratas Horseshoe. En altura e anchura, as Cataratas Vitoria so teñen un rival na Arxentina, as Cataratas do Iguazú.[7]

Durante unha considerable distancia augas arriba das cataratas, o Zambeze flúe sobre unha folla de basalto, nun val pouco profundo, delimitado por outeiros baixos e distantes. O curso do río está salpicado de numerosas illas cubertas de árbores, que aumentan en número mentres o río se achega ás cataratas. Non hai montañas, escarpas nin vales profundos, só unha meseta plana que se estende centos de quilómetros en todas as direccións.

As cataratas fórmanse cando a anchura total do río cae en picado nunha única caída vertical nun ancho abismo transversal 1708 m., tallado polas súas augas ao longo dunha zona de fractura no planalto de basalto. A profundidade do abismo, chamado Primeira Garganta, varía desde os 80 m. no seu extremo occidental a 108 m. no centro. A única saída da primeira garganta é un ancho oco de 110 m. aproximadamente a dous terzos da distancia a través do ancho das cataratas desde o extremo occidental.

Todo o volume do río vértese nas gargantas das cataratas Victoria dende esta estreita fenda.[8]

Hai dúas illas na crista das cataratas que son o suficientemente grandes como para dividir a cortina de auga mesmo en plena inundación, a illa de Boaruka (ou illa Catarata) preto da beira occidental e a illa de Livingstone preto do medio, o punto desde o que Livingstone viu por primeira vez as cataratas. A menos que suceda unha gran inundación, illotes adicionais dividen a cortina de auga en fluxos paralelos separados. Os fluxos principais son nomeados, en orde desde Zimbabue (oeste) ata Zambia (ao leste): Catarata do diaño[8] (chamada Auga saltando por algúns), Main Falls 8catarata principal), Rainbow Falls (Catarata arco da vella, a máis alta) e Catarata Oriental.

O río Zambeze, río arriba das cataratas, experimenta unha tempada de choivas entre finais de novembro e principios de abril, e unha estación seca o resto do ano. A tempada anual de inundaciónd do río é de febreiro a maio cun pico en abril,[9] A auga pulverizada das cataratas ascende normalmente a unha altura de máis de 400 m. e ás veces ata o dobre de altura, e é visible de ata a 48 km.. Durante a lúa chea, pódese ver un "arco de lúa" na auga pulverizada en lugar do arco da vella habitual. Durante a tempada de inundacións, con todo, é imposible ver o pé das cataratas e a maior parte da súa fronte, e os paseos ao longo do cantil oposto a ela son unha ducha constante e esta envolto en néboa. Preto do bordo do cantil, a auga pulverizada sobe cara a arriba como a choiva invertida, especialmente na ponte Knife-Edge de Zambia.[10]

A medida que avanza a estación seca, os illotes da crista fanse máis amplos e máis numerosos, e de setembro a xaneiro ata a metade da cara rochosa das cataratas pódese secar e pódese ver o fondo da primeiragarganta en case toda a súa lonxitude. Neste momento faise posible (aínda que non necesariamente seguro) camiñar por algúns tramos do río na crista. Tamén é posible camiñar ata o fondo do primeiro desfiladeiro do lado zimbabuense. O fluxo mínimo, que ocorre en novembro, rolda a décima parte da cantidade de abril, esta variación de fluxo é maior que a doutras importantes cataratas, e fai que o caudal medio anual das Cataratas Victoria sexa menor do que podía esperarse en función do caudal máximo.[10]

Gargantas editar

 
Primeiro desfiladeiro, do lado zambiano

Todo o volume do río Zambeze cae pola ampla saída de 110 m. da primeira garganta nunha distancia de aproximadamente 150 m., despois entra nunha serie de desfiladeiros en zigzag chamadas pola orde en que lles chega o río. A auga que entra na "segunda garganta" fai unha curta curva á dereita e esculpiu unha profunda piscina no que se chama o "pote de ebulición". Chégase a través dun empinado carreiro dende o lado zambiano, ten uns 150 metros. Con pouca auga súa superficie é lisa, pero con moita auga ten enormes e lentos remuíños e fortes turbulencias de ebulición.[10] Obxectos e seres humanos son arrastrados polas cataratas, incluíndo ocasionalmente hipopótamos ou crocodilos, atópanse frecuentemente arrastrados ou depositados pola corrente no extremo nordés da Segunda Garganta. É aquí onde se atoparon os corpos da señora Moss e Mr Orchard, mutilados polos crocodilos, despois de que dúas canoas fosen envorcadas por un hipopótamo en Long Island augas arriba das cataratas.[11]

 
Cataratas Victoria do lado de Zimbabwe

As principais gargantas son

  • Primeira garganta: na que o río divídese nas cataratas Victoria
  • Segunda garganta: 250 m. ao sur da catarata, 2.15 km de longo, atravesada pola ponte das Cataratas Victoria.
  • Terceira Garganta: 600 m. ao sur, 1´95 km. de longo, contén a estación de enerxía das cataratas Victoria.
  • Cuarta Garganta: 1´15 km. ao sur, 2´25 km. de longo.
  • Quinta Garganta: 2´25 km. ao sur, 3´2 km.de longo
  • Garganta de Songwe: 5´3 km. ao sur, o nome do pequeno río Songwe que vén do nordés, e o máis profundo con 140 m., o nivel do río varía até 20 m. entre a estación húmida e seca.[10]

Formación editar

 
Parque Nacional das Cataratas de Vitoria

O río Zambeze superior orixinalmente drenaba ao sur a través da actual Botswana para unirse ao río Limpopo.[12][13] Unha elevación xeral da terra entre Zimbabwe e o deserto de Kalahari hai uns 2 millóns de anos bloqueou esta ruta de drenaxe e unha gran paleolagoa coñecida como Makgadikgadi formado entre o Kalahari e a plataforma de basalto de Batoka de Cimbabue e Zambia. Este lago era orixinalmente endorreico e non tiña saída natural. En condicións de clima húmido uns 20.000 anos a.C., eventualmente desbordouse e comezou a drenar ao leste cortando o desfiladeiro de Batoka a través do basalto a medida que avanzaba.[14][15][16]

A recente historia xeolóxica das Cataratas Victoria pódese ver na forma xeral do desfiladeiro de Batoka, coas súas seis gargantas individuais e oito posicións anteriores das cataratas. As gargantas orientadas leste-oeste implican control estrutural con aliñamento ao longo das [xuntas xeolóxicas] das zonas destruídas, ou fallos xeolóxicos con 50 metres (160 ft) de desprazamento vertical como é o caso das segunda e quinta gargantas. A erosión cara a cabeza a través destas liñas estruturais de debilidade establecería unha nova liña de caída e abandono da liña anterior. As xuntas orientadas norte-sur controlan as seccións que flúen ao sur do río. Un deles é o "Boiling Pot", que une o primeiro desfiladeiro coa segunda garganta.[10][17]:147,149

As cataratass xa comezaron a cortar o próximo desfiladeiro, ao caer nun dos laterais da "Catarata do Diaño", entre a beira occidental do río e a illa de Catarata. O bordo na catarata actual é máis baixo aquí e leva a maior concentración de auga na fase de inundación.[17]:149

 
Imaxe vía satélite que amosa o amplo río Zambeze que cae na estreita fenda e unha serie posterior de desfiladeiros en zigzag (a parte superior da imaxe está ao norte).

A secuencia sedimentaria que recobre o basalto nas marxes do río Zambeze chámase formación das Cataratas Victoria, que consiste en grava, arenita do canón, areas do Kalahari, e area eólica e aluvión. Uns 15–45 m de escarpa bordea o río a uns 5–6 metros de distancia da canle principal, e unha serie de terrazas fluviais son ​​evidentes entre a escarpa e a canle.[17]:144–145

Historia editar

Historia precolonial editar

Os artefactos de pedra do Paleolítico inferior de Acheulean e as ferramentas de Oldowan foron escavadas en sitios arqueolóxicos ao redor das cataratas, así como as ferramentas e artefactos Sangoan e Lupemban que datan de mediados da Idade da Pedra.[18] Cerámica da Metalurxia do ferro en África escavouse nun sitio vlei preto da presa de Masuma a principios dos anos 1960.[19] Evidencias de fundición de ferro tamén se atoparon nun asentamento datado a finais do primeiro milenio d.C.[20]

O pobo Tonga do sur coñecido como o Batoka / Tokalea chamou as cataratas "Shungu na mutitima". O pobo Matabele, que chegou máis tarde, chamulles aManz' aThunqayo, e os Makololo e Batswana (cuxa lingua é usada polo pobo Lozi) chámanas Mosi-o-Tunya. Todos estes nomes significan esencialmente "o fume que trona".[21]

Un mapa debuxado por Nicolas de Fer en 1715 mostra a catarata marcada claramente na posición correcta. Mostra tamén liñas punteadas que denotan rutas comerciais que David Livingstone seguiu 140 anos despois.[Cómpre referencia] Un mapa de c. 1750 debuxado por Jacques Nicolas Bellin para o Abbé Antoine François Prevost d'Exiles marca as caída de auga como "cataratas" e sinala un asentamento ao norte do Zambeze como amigable cos portugueses na época.

En novembro de 1855, David Livingstone foi o primeiro europeo que viu as cataratas, cando viaxou desde a parte superior do Zambeze ata a desembocadura do río entre 1852 e 1856. As cataratas eran ben coñecidas polas tribos locais e os cazadores Voortrekker sabían delas, como tamén os árabes baixo un nome equivalente a "o fin do mundo". Os europeos eran escépticos cos seus informes, quizais pensando que a falta de montañas e vales no planalto fixera que as grandes cataratas fosen improbables.[22][23]

Livingstone tiña informes sobre as cataratas antes de chegar a elas desde río arriba e dirixiuse a unha pequena illa que agora leva o nome de Illa Livingstone en Zambia. Livingstone previamente quedara impresionado coas Cataratas Ngonye máis arriba, pero atopou as novas cataratas moito máis impresionantes, e deulles o seu nome en inglés en honor á raíña Victoria. Escribiu das cataratas: "Ninguén pode imaxinar a beleza da vista a partir de nada presenciado en Inglaterra. Nunca fora vista antes por ollos europeos, pero as escenas deberon contemplalas os anxos no seu voo".

En 1860, Livingstone volveu á área e fixo un estudo detallado das cataratas con John Kirk. Outros visitantes europeos foron o explorador de Portugal, Serpa Pinto, o explorador Emil Holub da República Checa, fixo o primeiro plano detallado das cataratas e os seus arredores en 1875. (publicado en 1880),[24] E o artista británico Thomas Baines, executou algunhas das primeiras pinturas das cataratas. Ata que a construción da vía férrea abriu a zona en 1905, os europeos non visitaban as cataratas. Algúns escritores consideran que o sacerdote portugués Gonçalo da Silveira foi o primeiro europeo en ver as cataratas no século XVI.[25][26]

Historia desde 1900 editar

 
Segunda garganta das Cataratas de Victoria (coa ponte) e Terceiro desfiladeiro (dereita). Os cantís peninsulares están en Zambia, os cantís exteriores en Zimbabue. Os cantís están formados por fluxos de formación de basalto. As quebras en pendente con vexetación son brechas en zonas de amígdulas de basalto que separan 6 grandes e sucesivos fluxos de lava con xuntas verticais distintas.[3]:391[17]

A ponte das cataratas Victoria inicia o turismo editar

O asentamento europeo na área das cataratas Victoria comezou ao redor de 1900 en resposta ao desexo da Compañía Británica de Suráfrica de Cecil Rhodes para obter os dereitos minerais, ao goberno imperial ao norte do Zambeze e á explotación doutros recursos naturais como os bosques de madeira ao nordés das cataratas, marfil e peles de animais. Antes de 1905, o río cruzábase por enriba das cataratas no cemiterio Old Drift, nun caiuco ou nunha barca remolcada cun cable de aceiro.[11] A visión de Rhodes dun Ferrocarril de Cidade do Cabo a O Cairo impulsou os plans para a primeira ponte sobre o Zambeze. Insistiu en que se construíse onde o rocio das cataratas caera sobre os trens que pasaban, polo que se elixiu o sitio na segunda garganta. A partir de 1905 o ferrocarril ofrecía viaxes accesibles desde Cidade do Cabo no sur e desde 1909, desde o Congo Belga no norte. En 1904 abriuse o Victoria Falls Hotel para acomodar aos visitantes que chegaban no novo ferrocarril. As cataratas tornáronse unha atracción cada vez máis popular durante o goberno colonial británico de Rhodesia do Norte (Zambia) e Rhodesia do Sur (Cimbabre), coa cidade de Victoria Falls convirtíndose no principal centro turístico.

Turismo nos últimos anos editar

 
A "Devil's Pool" (piscina do demo) formada naturalmente, onde os turistas nadan a pesar do risco de caer sobre o bordo

A finais da década de 1990 case 400.000 persoas visitaban as cataratas anualmente, e esperábase que se elevase a máis dun millón na seguinte década. A diferenza doutros parques, as cataratas Victoria teñen máis visitantes cimbabuenses e zambianos que turistas internacionais, a atracción é accesible en autobús e tren e, polo tanto, é relativamente barata de visitar.

Os dous países permiten aos turistas facer paseos de día pola fronteira para ver as cataratas desde ambos os puntos de vista. Os visitantes con visas de entrada son obrigados a adquirir unha visa cada vez que cruzan a fronteira. Os visados ​​pódense obter en ambos postos de fronteira. Os custos varían entre 50 e 80 dólares (xaneiro 2017). As regulacións de visados ​​cambian frecuentemente, aconséllase aos visitantes que revisen as regras en vigor en cada momento nos dous países antes de cruzar a fronteira en calquera dirección. Ademais, os turistas estranxeiros poden adquirir unha visa KAZA por 50 US $ que permiten aos visitantes viaxar entre Zambia e Cimbabue ata 30 días, sempre que permanezan dentro dos países cubertos.

Unha característica famosa é a "butaca" formada naturalmente (agora ás veces chamada "piscina do diaño"), preto do bordo das cataratas na illa de Livingstone no lado zambiano. Cando o fluxo do río atópase a un certo nivel, normalmente entre setembro e decembro, unha barreira de rocha forma un remuíño con corrente mínima, o que permite que os nadadores aventureiros naden con relativa seguridade a poucos metros do punto onde a auga cae polas cataratas.[27] Ocasionalmente morre algún nadador que cae sobre a barreira de rocha.[28]

O número de visitantes no lado das cataratas de Cimbabue foi historicamente moito maior que o número que as visitou desde o lado de Zambia, debido ao maior desenvolvemento das instalacións para os visitantes. Con todo, o número de turistas que visitaban Cimbabue comezou a diminuír a principios dos anos 2000 a medida que aumentaron as tensións políticas entre os partidarios e os opositores do presidente Robert Mugabe. En 2006, a ocupación do hotel no lado cimbabuense situouse en torno ao 30%, mentres que o lado zambiano tiña unha capacidade próxima ao 100%, e as taxas nos mellores hoteis alcanzaron os 630 US $ por noite.[29][30] O rápido desenvolvemento levou ás Nacións Unidas a considerar a revogación da situación das Cataratas como un Patrimonio da Humanidade.[31] Ademais, os problemas de eliminación de residuos e a falta de xestión efectiva do ambiente das cataratas son preocupantes.

 

Estatísticas editar

   
"O fume que trona", tempada de choiva, 1972 ... e tempada seca, setembro de 2003
Tamaño e caudal das cataratas Victoria en comparación co Niagara e Iguazú
Parametros Cataratas Victoria Cataratas do Niágara Cataratas do Iguazú
Altura en metros e pés:[2] 108 m 360 ft 51 m 167 ft 64–82 m 210–269 ft
Ancho en metros e pés:[2] 1,708 m 5,604 ft 1,203 m 3,947 ft 2,700 m 8,858 ft
Unidades de caudal (vol/s): m3/s cu ft/s m3/s cu ft/s m3/s cu ft/s
Caudal anual medio:[2] 1,088 38,430 2,407 85,000 1,746 61,600
Fluxo mensual medio - max.:[9] 3,000 105,944
Fluxo mensual medio - min.:[9] 300 10,594
Fluxo mensual medio: 10 anos. max.:[9] 6,000 211,888
Fluxo máis alto rexistrado:[2] 12,800 452,000 6,800 240,000 45,700 1,614,000
Notas:Vexa as referencias para explicar as medidas.
Para a auga, metros cúbicos por segundo = toneladas por segundo.
A metade da auga que se achega ao Niagara desvíase para a enerxía hidroeléctrica.
O Iguazú ten dúas cataratas; a altura dada para a maior catarata e altura total.
10 cataratas teñen caudais maiores ou iguais, pero non son tan altas como as Cataratas do Iguazú e Vitoria.[9]

Notas editar

  1. "Livingstone Tourism Association, Victoria Falls, Zambia". livingstonetourism.com. Livingstone, Zambia. Consultado o 2018-08-07. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "[1] Arquivado 14 de xullo de 2007 en Wayback Machine.| Archived copy". Archived from the original on 14 de xullo de 2007. Consultado o 11 de marzo de 2007
  3. 3,0 3,1 Wellington, John H. (1955). Southern Africa: A Geographical Study. Vol. 1. Cambridge: University Press. p. 392. 
  4. "Medium Term Plan (MTP): xaneiro 2010 – decembro 2015" (PDF). Government of Zimbabwe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  5. Southern Africa Places (2009). Victoria Falls. Consultado o 18 de maio de 2009 from Victoria Falls Arquivado 06 de abril de 2012 en Wayback Machine. – South Africa Places
  6. "Victoria Falls". World Digital Library. 1890–1925. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  7. name="WW">"Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2007. Consultado o 11 de marzo de 2007. 
  8. 8,0 8,1 Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States of America: Reader's Digest Association, Inc. pp. 402–403. ISBN 0-89577-087-3. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 World Commission on Dams website: Arquivado 01 de xullo de 2007 en Wayback Machine. "Case Study – Kariba Dam-Zambezi River Basin" Annex 13 & 14 Victoria Falls Mean Monthly Flows. Consultado o 1 de marzo de 2007. This website gives mean monthly flow rates in cubic metres per second (i.e., the total volume of water passing in each calendar month divided by the number of seconds in the month), the standard measure used in hydrology to indicate seasonal variation in flow. A figure of around 9,000 m3/s (318,000 cu ft) is quoted by many websites for Victoria Falls but this is the mean maximum instantaneous rate, which is only achieved for a few days per year. The figure of 536 million m3/minute (18.9 billion cu ft/min) on some websites (e.g. ZNTB) is an error for 536 million litres/minute (equivalent to 9100 m3/s or 142 million U.S. gallons/min). The '10-year maximum' is the mean of the maximum monthly rate returned in a ten-year period.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Spectrum Guide to Zambia. Nairobi: Camerapix Publishers International. 1996. ISBN 978-1-86872-012-5 – vía Struik Publishers. 
  11. 11,0 11,1 Hunt, B. L. (1959). "Kalomo to Livingstone in 1907". The Northern Rhodesia Journal IV (1): 16. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2022. Consultado o 25 de xullo de 2019. Mr Moss and Mrs Orchard and the eight Lozi paddlers managed to swim to the island, one of the paddlers saving the Orchards' year-old baby 
  12. Moore, A.E., Cotterill, F. P. D., Broderick, T., & Plowes, D. (2009). "Landscape evolution in Zimbabwe from the Permian to present, with implications for kimberlite prospecting" (PDF). South African Journal of Geology (Geological Society of South Africa) 112: 82. doi:10.2113/gssajg.112.1.65. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  13. Spaliviero, M., De Dapper, M., Maló, S. (2014). "Flood analysis of the Limpopo River basin through past evolution reconstruction and a geomorphological approach". Natural Hazards and Earth System Sciences 14 (8): 2027–2039. doi:10.5194/nhess-14-2027-2014. 
  14. "Makgadikgadi Salt Pans". earthobservatory.nasa.gov (en inglés). 2018. Consultado o 2018-08-16. 
  15. "Geological history - Botswana Travel Guide". www.botswana-travel-guide.com. Consultado o 2018-08-15. 
  16. Moore, Andy (2016). Viljoen, Richard; Anhaeusser, Carl; Viljoen, Morris, eds. The Victoria Falls and gorges, in Africa's Top Geological Sites. Cape Town: Struik Nature. pp. 16–20. ISBN 9781775844488. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Moore, Andy; Cotterill, Fenton (2010). "15". En Migon, Piotr. Vicotria Falls: Mosi-oa-Tunya - The Smoke That Thunders, in Geomorphological Landscapes of the World. Springer. p. 147,149. ISBN 9789048130542. 
  18. Clark, J. D. (1950). "Archaeology". The Stone Age cultures of Northern Rhodesia, with particular Reference to the Cultural and Climatic Succession in the Upper Zambezi Valley and its Tributaries. Cape Town: South African Archaeological Society. pp. 31–131. 
  19. Robinson, K. R. (1966). "The Iron Age site in Kapula Vlei, near the Masuma Dam, Wankie Game Reserve, Rhodesia". Arnoldia, Rhodesia (239): 1–7. 
  20. Vogel, J. O. (1975). "Kabondo Kumbo and the Early Iron Age in Victoria Falls region". _Journal of the British Institute in Eastern Africa 10 (1): 49–75. 
  21. The Northern Rhodesia Journal online Arquivado 18 de marzo de 2022 en Wayback Machine.: "Native Name of Victoria Falls", Vol I No 6 p. 68 (1952). Consultado o 28 de febreiro de 2007.
  22. The Northern Rhodesia Journal online Arquivado 18 de marzo de 2022 en Wayback Machine.: "Native Name of Victoria Falls", Vol I No 4 pp. 80–82 (1951). Consultado o 28 de febreiro de 2007.
  23. Agter die Magalies": "Agter Die Magalies" B.K. de Beer, pp. 43–44 (1975) Postma Publications. Consultado o 1 de setembro de 2007.
  24. The international service of Czech Radio online: "Statue of explorer Emil Holub unveiled in Livingstone, Zambia" Consultado o 28 de febreiro de 2007.
  25. Eric Anderson Walker. The Cambridge History of the British Empire, volume 2. CUP Archive, 1963. Consultado o 4 de outubro de 2015.
  26. Lawrence George Green. There's a Secret Hid Away. H. Timmins, 1956; 244 p. ISBN 9780869782071. Consultado o 4 de outubro de 2015
  27. "Is this the ultimate (and most dangerous) infinity pool in the world?". The Daily Mail. 23de abril de 2008. Consultado o 22 de febreiro de 2012. 
  28. "Tour guide in Vic Falls plunge". New Zimbabwe. 28 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2012. 
  29. "At African Waterfall, Visitors Confront A Tale of Two Cities." Trofimov, Y. The Wall Street Journal. 29 de decembro de 2006.
  30. Victoria Falls Journal; The Best of Times, and the Worst, for Two Tourist Towns
  31. Victoria Falls 'at risk', UN warns The Independent, 7 de xaneiro de 2007

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar