Alexandre de Serpa Pinto

explorador e soldado

Alexandre Alberto da Rocha de Serpa Pinto, nado o 20 de abril de 1846 e finado o 28 de decembro de 1900, foi un explorador e administrador colonial portugués.

Alexandre de Serpa Pinto
Nome de nacementoAlexandre Alberto da Rocha de Serpa Pinto
Nacemento20 de abril de 1846
Lugar de nacementoCinfães
Falecemento28 de decembro de 1900
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadeReino de Portugal
Alma máterUniversidade de Coímbra, California State University, Los Angeles e Colégio Militar
Ocupaciónexplorador e militar
FillosCarlota de Serpa Pinto
Premioscondecoración de Estado e Founder’s Medal
Na rede
WikiTree: Da_Rocha_de_Serpa_Pinto-1
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ingresou no Colexio Militar con dez anos e aos dezasete tornouse no seu primeiro Comandante de Batallón de alumnos.

Serpa Pinto viaxou ata África oriental en 1869 nunha expedición ao río Zambeze. En 1877 explorou a zona entre a costa oeste de Angola e a costa leste de Mozambique, conducindo unha expedición que partiu de Benguela (Angola) e na que figuraban tamén Hermenegildo Capelo e Roberto Ivens. A expedición terminou en 1879 e atravesou as cuncas do río Congo e do Zambeze, Angola e partes das actuais Zambia, Zimbabwe e Suráfrica; era a cuarta travesía africana entre o Atlántico e o Índico. De novo entre 1884 e 1885, outra vez con Capelo, cruzou de Angola a Mozambique.

A expedición de Serpa Pinto tiña como obxectivo facer o recoñecemento do territorio e efectuar o levantamento do mapa do interior do continente africano, para demarcar a zona que Portugal reclamaría para si a través do chamado "mapa cor-de-rosa"; esta intención fallou despois do ultimato británico de 1888.

Foi nomeado cónsul-xeral para o Zanzibar en 1887 e gobernador-xeral de Mozambique en 1889. No desempeño do cargo, a continuación de actividades colonizadoras a prol de Portugal, abriu un conflito co Reino Unido.