Antonio Saura

artista español

Antonio Saura, nado en Huesca o 22 de setembro de 1930 e finado en Cuenca o 22 de xullo de 1998, foi un artista español, irmán do director de cine Carlos Saura e tío do produtor cinematográfico Antonio Saura.

Infotaula de personaAntonio Saura
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Huesca, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 1998 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Cuenca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , ilustrador , escritor , debuxante Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoInformalismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsCarlos Saura Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 2364397 Find a Grave: 7541296 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Antonio Saura creceu durante a guerra civil española en Madrid, Valencia e Barcelona. Debido a unha enfermidade pulmonar a partir de 1943 tivo que pasar cinco anos en cama.

Sen educación académica, comeza a súa carreira artística como autodidacta, ten unha primeira exposición en Zaragoza en 1950 e expón finalmente en Madrid en 1952 cadros surrealistas. Tras o seu traslado a París a metade dos anos 50, súmase aos surrealistas.

Tras a súa volta a España, funda xunto con outros artistas o grupo El Paso. A súa primeira exposición en París tívoa en 1957. O ano seguinte, 1958, participa xunto con Antoni Tàpies e Eduardo Chillida na Bienal de Venecia e en 1959 é invitado á segunda edición de Documenta en Kassel (Alemaña). Durante esta época pinta cadros abstractos moi expresivos que con todo aínda conteñen a miúdo símbolos, por exemplo no seu Cristo Crucificado de 1959 ou o ciclo Brigitte Bardot.

A finais de anos 1950 comeza a cooperar co seu compatriota Antonio Tápies, co que realiza unha exposición conxunta na Documenta de 1959 en Múnic. Ambos son os principais expoñentes da arte informal española.

Antonio Saura é Doutor Honoris Causa pola Universidade de Castela-A Mancha, a cal deu o seu nome ao edificio que alberga a facultade de Belas Artes, unha das máis modernas e funcionais de España.

Exposicións (selección) editar

 
Musée d'art et d'histoire

Premios (selección) editar

 
Estación de Antonio Saura en Madrid.
  • 1960 Premio Guggenheim, Nova York (Estados Unidos)
  • 1979 Premio da primeira bienal gráfica europea (Ersten Europäischen Grafikbiennale), Heidelberg (Alemaña)
  • 1982 Medalla de ouro de Belas Artes de España
  • 1995 Gran premio da cidade de París (Francia)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar