Velia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
a primeira edición de esta páxina procede da información de en:Velia
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de maio de 2019 ás 22:07

Velia era o nome romano dunha antiga cidade da Magna Grecia na costa do Mar Tirreno. Fundada polos gregos de Focea como Hyele (grego antigo: Ὑέλη) ao redor do 538–535 a.C. O nome cambiou máis tarde a Ele e despois Elea (/ˈɛliə/; grego antigo: Ἐλέα) antes de que fose coñecida polo seu nome italiano e latino durante a era romana. As súas ruínas están situadas na rexión de Cilento, preto da moderna vila de Velia, que leva o nome da antiga cidade. A aldea é unha frazione da comune de Ascea na provincia de Salerno, en Campania, Italia.

Parque nacional de Cilento e Vallo de Diano coas zonas arqueolóxicas de Paestum e Velia, e mailo mosteiro de Padula
Vista das escavacións e da torre de Velia
Velia en Italia
Velia
Velia
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
Localización40°09′39″N 15°09′18″L / 40.16083, -15.15500
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1998 (22º sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador842
Silver coin from Velia
Moeda de prata de Velia, ao redor do 280 a.C., con Atenea no anverso e un león devorando un corzo no reverso.

A cidade era coñecida por ser a casa dos filósofos Parménides e Zenón de Elea, así como a escola eleática da que formaban parte. O sitio da acrópole da antiga Elea foi unha vez un promontorio chamado Castello a Mare, que significa "castelo no mar" en italiano. Agora atópase no interior e pasou a chamarse Castellammare della Bruca na Idade Media.

Xeografía

A cidade está situada preto da costa do Mar Tirreno nunha zona montañosa próxima á Marina di Casalvelino e Marina di Ascea, nunha estrada que une Agropoli co sur da Costa cilentina. A súa poboación sitúase principalmente na chaira xunto ao mar (que rodea a parte sur das antigas ruínas) e nas zonas de outeiros de Enotria, Bosco e Scifro. Velia tamén tiña unha estación de ferrocarril na liña Nápoles-Salerno-Reggio Calabria, pechada a finais dos anos setenta.

Historia

Segundo Herodoto, no 545 a.C. os gregos xónios fuxiron de Focea na moderna Turquía, que estaba a ser sitiada polos persas. Despois dalgúnhas andanzas (de 8 a 10 anos) polo mar, detivéronse en Reggio de Calabria, onde probablemente xuntáronse Xenófanes, que estaba nese momento en Messina e logo emigraron cara ao norte ao longo da costa e fundaron a cidade de Hyele, despois renomeada como Ele e despois, eventualmente, Elea. A localización está case á mesma latitude que Focea.

Elea non foi conquistada polos Lucanos, pero finalmente uniuse a Roma no 273 a.C e foi incluída na antiga Lucania. De acordo co libro 6 da Eneida de Virxilio, Velia é o lugar onde o corpo de Palinuro chegou a terra.[1]

Ruínas

Existen restos das murallas da cidade, con vestixios dunha porta e varias torres, dunha lonxitude total de máis de tres quilómetros, e pertencen a tres períodos diferentes, en todos os cales utilízase a calcaria cristalina da localidade. Os tixolos tamén se empregaron en tempos posteriores, a súa forma é peculiar deste lugar, cada un deles con dúas canles rectangulares nun lado e de aproximadamente 3´8 cm. cadrados, cun grosor de case 10´16 cm. Todos levan selos de tixolos gregos. Hai algúns restos de cisternas no sitio, e, outros restos de edificios.[2]

Eleáticos

Artigo principal: Eleáticos.

Os Eleáticos eran unha escola de filosofía presocrática. O grupo fundouse no inicio do século V a.C. por Parménides. Outros membros da escola foron Zenón de Elea e Meliso de Samos. Xenófanes ás veces está incluído na lista, aínda que hai algunha disputa respecto diso.

Veciños famosos

Estacio, pai do poeta romano Publius Papinius Statius naceu en Hyele (Silv 5.3.127). Parménides, filósofo e fundador dos Eleaticos Zenón de Elea, filósofo eleático coñecido polas súas paradoxas

Galería

Notas

  1. Frederick Ahl (trans.), ed. (2007). Virgil's Aeneid. Oxford UP. pp. 139–40. ISBN 978-0-19-923195-9. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas