Manuel Sendón

fotógrafo
Revisión feita o 3 de xuño de 2017 ás 22:22 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Outros homónimos|Sendón}} '''Manuel Sendón Trillo''', nado o 11 de xuño de 1951 na Coruña, é un profesor e fotógrafo galego, residente e...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Manuel Sendón Trillo, nado o 11 de xuño de 1951 na Coruña, é un profesor e fotógrafo galego, residente en Vigo.

Traxectoria

É licenciado en Matemáticas, doutor en Belas Artes e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo.[1]

En 1984 creou con Xosé Luis Suárez Canal o Centro de Estudos Fotográficos (CEF), entidade que dirixiu a Fotobienal de Vigo dende 1984 ata o 2000. Sendón e Candal son autores de varios libros sobre fotógrafos históricos galegos, como: Ramón Caamaño, Arquivo Pacheco, Ksado, Luis Rueda, José Suárez, Arquivo Sarabia, Raniero Fernández, Virxilio Viéitez e Arquivo José María Massó.[2]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas