Raniero Fernández

fotógrafo e xoieiro galego

Raniero Fernández Calvo, nado en Vigo o 27 de decembro de 1909 e finado na mesma cidade o 7 de outubro de 1999, foi un fotógrafo e xoieiro galego.

Infotaula de personaRaniero Fernández
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de outubro de 1999 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , xoieiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun xoieiro e ourive que tiña a tenda na viguesa rúa do Príncipe, herdou a xoiería e a ela dedicou a súa vida profesional. Mais a súa afección, a fotografía, sería a que lle daría sona.

Por volta de 1930 empezou a fotografar e a participar en concursos e certames de fotografía na Galicia de preguerra[1]. Pero non foi ata máis de dúas décadas despois, en 1953, cando gañou o IV Concurso Rexional de Fotografía Artística, convocado pola Agrupación Fotográfica Galega. Aí iniciouse o seu vínculo coa asociación, que estará presidindo xa ao ano seguinte (e ata 1964). No boletín da asociación tamén escribiu numerosos artigos sobre fotografía, asinados co pseudónimo Uno de la agrupación[1].

Desde a Agrupación impulsou a creación dunha cinemateca, xermolo do cineclub local, que Fernández presidiu durante moitos anos[2] desde a súa fundación e ata 1977. Despois de deixar a presidencia da agrupación, en 1964, a súa actividade como fotógrafo irá devecendo[1].

Obra editar

Gran parte da súa obra foi publicada en revistas ilustradas e xornais como Vida Gallega ou El Pueblo Gallego.

Raniero Fernández fixo unha fotografía de tipo documental, con grande importancia da figura humana. A década de 1950 foi a do seu apoxeo creativo, cando lle dedicou amplas coleccións de fotografías á actividade do porto de Vigo. Tamén dese tempo é a reportaxe sobre a inauguración do aeroporto de Peinador (1954).

Nas décadas seguintes a súa fotografía centrouse en elementos de arquitectura popular (hórreos, muíños), festas e romarías[3], así como na ourivería relixiosa.

Transcendencia editar

No ano 2022, o Centro Galego de Arte Contemporánea dedicoulle unha exposición monográfica.

A súa obra atópase nas máis importantes coleccións de arte galega, como a colección de Afundación ou do Museo Unión Fenosa.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Raniero Fernández Calvo". Real Academia de la Historia. Consultado o 15/8/2022. 
  2. "Rainiero (sic) Fernández - Afundación". www.afundacion.org. Consultado o 15/8/2022. 
  3. R. Pastoriza, Francisco (11/2/2014). "Leyendas de la fotografía gallega". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 15/8/2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar