José Mouriño Estévez

frade e historiador galego

José Mouriño Estévez, nado en Sabuz (Anfeoz, Cartelle) o 28 de decembro de 1866 e finado en Bogotá o 29 de xullo de 1928, foi un frade historiador galego, tamén coñecido polo pseudónimo de Marqués de Sabuz.

Infotaula de personaJosé Mouriño Estévez
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1866 Editar o valor em Wikidata
Sabuz, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , frade Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
La literatura medioeval en Galicia.

En 1881 ingresou no colexio dos agostiños de Valladolid, tomando o hábito en 1882. Estudou en Burgos e no Escorial, adicándose ao ensino dende 1883. Foi destinado ás Filipinas en 1890 e a Colombia en 1896.

Obra editar

Como redactor da revista agostiña España y América publicou máis de 160 artigos sobre literatura galega, segundo Couceiro Freijomil non sempre acertados[1].

Algúns dos seus traballos están recollidos en La literatura medioeval en Galicia, con prólogo de Bruno Ibeas, editado en Madrid pola Compañía ibero-americana de publicaciones no ano 1929.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar