Henrique I de Champaña
Henrique I de Champaña, finado o 17 de marzo de 1181, coñecido como o liberal, foi conde de Champaña (1152 - 1181).
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Henri 1er le Libéral ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | decembro de 1127 ![]() Vitry-en-Perthois, Francia ![]() |
Morte | 16 de marzo de 1181 ![]() Troyes, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Saint-Étienne (Troyes) (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Lingua | Lingua latina ![]() |
Outro![]() | |
Título | Conde ![]() |
Familia | Casa de Blois (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | María de Francia, condesa de Champagne (1164 (Gregoriano)–) |
Fillos | Henrique II de Jerusalém (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pais | Teobaldo II de Champaña ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Adela de Champaña, Inês de Blois (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Jindra1_Champagne.jpg/220px-Jindra1_Champagne.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Henry_1_of_Champagne.jpg/220px-Henry_1_of_Champagne.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/10/Blason_Escarboucle_vide.svg/220px-Blason_Escarboucle_vide.svg.png)
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarEra o fillo máis vello do conde Teobaldo II de Champaña (tamén chamado Teobaldo IV de Blois) e Matilda de Carintia.
Matrimonio e descendencia
editarEn 1164 casou con María de Francia e de Aquitania, filla de Lois VII de Francia e de Leonor de Aquitania. Tiveron catro fillos:
- Escolástica de Champaña (falecida en 1219), casou con Guillerme IV de Mâcon.
- Henrique II de Champaña (1166-1197).
- María de Champaña (falecida en 1204), casou co emperador Balduíno I de Constantinopla.
- Teobaldo III de Champaña (1179-1201).
Segunda Cruzada
editarHenrique participou na Segunda Cruzada baixo a dirección de Lois VII de Francia. Levaba unha carta de recomendación de Bernaldo de Claraval dirixida a Manuel I Comneno, emperador bizantino, que figura entre os notables presentes na asemblea celebrada por Balduíno III de Xerusalén en Acre o 24 de xuño de 1148.
Champaña
editarÁ morte do seu pai, Henrique optou por tomar só a Champaña, deixando aos seus irmáns máis novos as outras posesións da familia (incluídas Blois, Chartres, Sancerre e Châteaudun). No momento parecía sorprendente, xa que os demais territorios eran máis ricos e desenvolvidos, pero Henrique debeu prever as posibilidades de Champaña e durante o seu goberno o condado converteuse nun dos máis ricos e poderosos dos principados franceses. Henrique estableceu a orde no goberno sobre os baróns de Champaña, e puido contar coa lealdade de 2.000 vasalos, feito que o converteu nun dos señores feudais máis poderosos de Francia. Logrou esta orde e poder convertendo a Champaña nun lugar seguro para reunir os comerciantes e baixo a súa protección creáronse as feiras de Champaña, convertendo este territorio nunha das prazas para o comercio de longa distancia e das finanzas máis importantes da Idade Media en Europa. A capital de Champaña en Troyes converteuse tamén nun recoñecido centro literario.
En Xerusalén, captura e morte
editarEn 1179 Henrique volveu a Xerusalén cun grupo de cabaleiros franceses, incluíndo os seus parentes Pedro de Courtenay -irmán de Lois VII- e Filipe de Dreux, bispo de Beauvais. Henrique volveu a Europa por vía terrestre a través de Asia Menor, pero foi capturado e mantido como refén por Kilidj Arslan II, o sultán dos selxúcidas de Rüm. O emperador bizantino pagou o rescate e Henrique foi liberado, pero morreu ao pouco tempo. Foi sucedido polo seu fillo máis vello Henrique II de Champaña.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique I de Champaña |