Constanza de Borgoña

Constanza de Borgoña, nada o 8 de maio de 1046 e finada o ano 1093, foi unha nobre borgoñoa, que foi raíña consorte de León e de Castela polo seu matrimonio con Afonso VI de León.

Constanza de Borgoña
Raíña consorte de León
Raíña consorte de Castela
Imperatrix totius Hispaniae

Reinado10791093
Nacemento8 de maio de 1046
Falecementosegundo semestre de 1093
Cónxuxe/sHugo II, conde de Châlon
Afonso VI de León e Castela
DescendenciaUrraca de León
ProxenitoresRoberto I de Borgoña
Helie de Semur-en-Brionnais

Na rede
WikiTree: Capet-641 Find a Grave: 8192215 Editar o valor em Wikidata

Era filla do duque Roberto I de Borgoña e de Hélie de Samur, e tía dos duques Hugo I e Eudes I de Borgoña. Era neta do rei Roberto II de Francia, segundo monarca francés da dinastía dos Capetos.

Foi a nai de Urraca de León, quen sucedeu ao seu pai, Afonso VI, no trono castelán-leonés.

Traxectoria editar

Cando contraeu matrimonio con Afonso VI de León xa era viúva do seu primeiro marido, o conde Hugo II de Châlon, co que casara en 1065; este matrimonio durou catorce anos, até a morte de Hugo en 1079, e non tivo descencencia.[1]

O seu matrimonio con Afonso parece que foi amañado mediante as conexións de Cluny coa corte leonesa de Afonso. Previamente este casara con Inés de Aquitania, de quen se divorciara, ou enviuvara. O matrimonio de Constanza e Afonso inicialmente enfrontou a oposición papal, aparentemente debido a un parentesco entre Constanza e Agnes.

Constanza foi o instrumento do que se valeron os cluniacenses para substituír o rito visigótico polo rito romano nas igrexas de León e Castela.[2]

O seu matrimonio con Afonso durou desde finais do ano 1079 até 1093, ano da súa defunción. Deulle seis fillos ao rei, dos que só sobreviviron a futura raíña Urraca de León e a súa irmá Elvira, quen faleceu sendo moza.

Durante todo o seu matrimonio tivo que soportar as continuas infidelidades do seu esposo.

Mandou edificar un palacio na localidade leonesa de Sahagún, xunto ao mosteiro de San Bieito, e no seu interior dedicou un templo á Madalena.[3]

A raíña Constanza de Borgoña faleceu no segundo semestre do ano 1093 deixando a súa filla con 14 anos de idade. O seu viúvo casaría con outras tres mulleres máis despois da morte de Constanza, pero só tería un fillo da súa amante musulmá, Zaida de Sevilla, o infante Sancho Afónsez, que morreu en 1108 na batalla de Uclés.[3]

Descendencia editar

Froito do seu matrimonio con Afonso VI de León naceron seis fillos, dos que só unha filla alcanzou a idade adulta:

  1. Urraca de León (1081-1126), que sucedeu ao seu pai no trono castelán-leonés. Contraeu senllos matrimonios con Afonso I de Aragón e con Raimundo de Borgoña. Foi sucedida polo seu fillo, Afonso VII de León, e está sepultada no Panteón de Reis de Santo Isidoro de León.[4]

Sepultura da raíña Constanza editar

Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Constanza de Borgoña foi conducido á localidade leonesa de Sahagún e sepultado no mosteiro de San Bieito, canda o seu esposo, o rei Afonso VI de León. Posteriormente este recibiría alí sepultura, en compañía dalgunhas das súas esposas.[5]

 
Fachada do Mosteiro de San Bieito de Sahagún, onde xacen os restos da raíña Constanza de Borgoña.

O sepulcro que contiña os restos de Afonso VI foi destruído en 1810, durante o incendio que sufriu o mosteiro de San Bieito. Os restos mortais do rei e os de varias das súas esposas, entre eles os da raíña Constanza, foron recollidos e conservados na cámara abacial até o ano 1821, en que foron expulsados os relixiosos do mosteiro, sendo entón depositados polo abade Ramón Alegrías nunha caixa que foi colocada no muro meridional da capela do Crucifixo, até que, en xaneiro de 1835, os restos foron recollidos de novo e introducidos noutra caixa, sendo levados ao arquivo, onde se achaban neses momentos os despoxos das esposas do soberano. O propósito era colocar todos os restos reais nun novo santuario que se estaba construíndo entón.[6] Porén, cando o mosteiro de San Bieito foi desamortizado en 1835, os relixiosos entregaron as dúas caixas cos restos reais a un parente dun relixioso, que as ocultou até que, no ano 1902, foron achadas polo catedrático do Instituto de Zamora Rodrigo Fernández Núñez.[6]

Na actualidade, os restos mortais de Afonso VI repousan no mosteiro das Beneditinas de Sahagún, aos pés do templo, nunha arca de pedra lisa e con cuberta de mármore moderna e, nun sepulcro achegado, igualmente liso, xacen os restos de varias das esposas do rei, entre eles os da raíña Constanza de Borgoña.[5][7]

Predecesor:
Sancha I de Galicia
Raíña consorte de León
(1ª Vez)

1069 - 1072
Sucesor:
Alberta
(1070/1-1072)
Consorte de Sancho II
Predecesor:
Alberta
(1070/1-1072)
Consorte de Sancho II
Raíña consorte de León
(2ª Vez)

1072 - 1077
Sucesor:
Berta
Predecesor:
Sancha I de Galicia
Alberta
(1070/1-1072)
Consorte de Sancho II
Raíña consorte de Castela
1072 - 1077
Sucesor:
Berta

Notas editar

  1. Cawley, Charles Ducado de Borgoña, Nobreza, en Medieval Lands. (en inglés)
  2. Cawley, Charles Duques de Borgoña en Medieval Lands. (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Arco y Garay, 1954, p. 190.
  4. Cawley, Charles Castela e León en Medieval Lands. (en inglés).
  5. 5,0 5,1 Elorza et alt., 1990, p. 54.
  6. 6,0 6,1 Arco y Garay, 1954, p. 195.
  7. Constance Of Burgundy en FindAGrave.com (en inglés)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  • Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castillo, Belén e Negro, Marta (1990): El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla. 2ªed. Editorial Evergráficas S. A. Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. ISBN 84-241-9999-5.

Ligazóns externas editar