Eladio Fernández Diéguez
Eladio Fernández Diéguez, nado na Coruña o 3 de marzo de 1865 e finado en Zamora o 17 de novembro de 1935, foi un xornalista e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1865 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 17 de novembro de 1935 ![]() Zamora, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Ezequiel Fernández Miranda ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo do xornalista Ezequiel Fernández Miranda. Estudou Dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Foi concelleiro republicano na Coruña. Comezou o seu traballo como xornalista en Murmullos Literarios e El Anunciador. Posteriormente, en Santiago de Compostela fundou El Cupido, traballou como redactor de La Verdad e Gaceta de Galicia, e colaborou con El Ciclón. Novamente na Coruña, colaborou con El Imparcial Coruñés e El Alcance e fundou e dirixiu La Coruña Cómica. Foi director de Tierra Gallega, redactor xefe de El Telegrama e tivo unha sección propia en La Voz de Galicia. Na súa estadía en Ferrol foi director de El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Dirixiu Diario de Huelva, ademais de colaborar en diferentes xornais americanos.
Obras
editar- Para una noche (Historias y cuentos de miga), 1887.
- Parábolas, 1920.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eladio Fernández Diéguez |
Bibliografía
editar- "Fernández Diéguez, Eladio", Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo.
Ligazóns externas
editar- Artigos na Hemeroteca da RAG Arquivado 15 de novembro de 2021 en Wayback Machine.