Ernesto Is

dramaturgo asturiano
(Redirección desde «Ernesto Suárez Is»)

Ernesto Suárez Is, nado en Xixón (Asturias) o 19 de maio de 1988, é un dramaturgo, narrador oral e escritor en lingua galega e castelá.

Modelo:BiografíaErnesto Is

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de Arte Dramática de Galicia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5811776 AELG: 568

Traxectoria

editar

Titulado superior en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de dramaturxia, anteriormente fórmase no eido da produción e da realización audiovisual.

No 2016 gaña (ex aequo) o Premio Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Fendas. En 2017 obtén o Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das Ondas, monólogo dramático sobre a vida da actriz franco-galega María Casares. Volve gañar o Premio Abrente na edición do ano 2021 con Profetas. No ano 2023, a súa peza Memoria de la nisal acada o Premio ‘Asturias Joven’ de Textos Teatrais do Instituto Asturiano da Xuventude[1].

Foi seleccionado para participar no VI Programa de desenvolvemento das dramaturxias actuais 2017 do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), dando como resultado a peza El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. No 2018 forma parte do grupo de traballo para a escrita teatral do Centro Dramático Galego, coordinado por Manuel Lourenzo, coa escrita da obra Onde veñen morrer as baleas. Os teatros Arriaga (Bilbao), Victoria Eugenia (Donostia) e Principal (Vitoria) seleccionaron o seu proxecto dramatúrxico Canciones amarillas, flores tristes para participar no programa Nuevas Dramaturgias 2020[2].

En 2021 o seu proxecto Relato para un incendio resultou gañador da primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Agadic, a través do Centro Dramático Galego[3]; obra estreada por AAntena Teatro en 2022.

Escribe para as compañías Feira do Leste (Exilio das Moscas e Tras Tannhäuser —axudas á ‘Creación Joven’ do Injuve—), Señora Supina (Hotel Europa) e Inversa Teatro (O péndulo, coautoría xunto a Marta Pérez). En 2023, crea, xunto á actriz e directora Nerea Brey, a compañía Manekineko, coa que estrea a súa primeira produción en 2024: Cancións amarelas, flores tristes.

Na actualidade, compaxina o seu traballo creativo coa docencia de escrita teatral e cinematográfica en diferentes colectivos e institucións. Colabora ou colaborou coa Revista Galega de Teatro, a revista de ocio cultural A Movida e o programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia.

Estreas

editar
  • O ceo baixo Berlín. Teatro Aforo (Vigo). Dirección de María Francelina. 2015.
  • Exilio das Moscas. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2016.
  • Tras Tannhäuser. Sala Ártika (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2017.
  • Epiderme. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de Ernesto Is. Belabesta Teatro. 2018.
  • Magnitudes. Lectura dramatizada. II Torneo de Dramaturxia de Galicia - Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. 2018.
  • Fíos. Lectura dramatizada. Festival PLATTA - Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal). 2018.
  • Despois das Ondas. Teatro Colón (A Coruña). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero. 2019.
  • Hotel Europa. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Javier Lojo. Compañía Señora Supina. 2022.
  • O Péndulo. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Carlos Álvarez-Ossorio. Inversa Teatro. 2022.
  • Relato para un incendio. MIT de Ribadavia. Dirección de Xosé Leis. AANtena Teatro. 2022.
  • Cancións amarelas, flores tristes. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Nerea Brey. Manekineko. 2024.

Obra en galego

editar

Obra dramática

editar

Obra dramática breve

editar

Libros colectivos

editar

Obra en castelán

editar

Obra dramática

editar

Obra dramática breve

editar

Obra en asturiano

editar

Obra dramática breve

  • La regla d’un trasgu , publicada no libro Microteatro en el Hórreo. Editorial Círculo Rojo, El Ejido (2015). ISBN 978-84-9115-880-6[12]

Colaboracións en medios

editar
  • "Momentos que deixan pegada", Erregueté nº 83 (2015).
  • Entrevista a Ana Vallés e Baltasar Patiño (Matarile Teatro), Erregueté nº 88 (2016).
  • "A Berberecheira: honestidade e autoficción", Erregueté nº 98 (2019).
  • Críticas, recensións e entrevistas online.
  • Coordinador da sección "No confín de..." para a web da Erregueté.

A Movida - Axenda de ocio e cultura de Vigo

editar

Coordinación da sección "As outras luces" (2019-2024)[13].

Colaborador na sección de artes escénicas do programa durante a temporada 2021-2022[14].

  1. "Premios Asturias Joven de Poesía, Narrativa y Textos Teatrales 2023". Ayuntamiento de Gijón. Consultado o 27/09/2024. 
  2. "Hacia una escritura dramática propia". 
  3. "'Relato para un incendio', de Ernesto Suárez Is, gaña a primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral". Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  4. "Dramaturxia galega actual. vol. I". afeiraedicions. Consultado o 22-4-2020. 
  5. "DramaturXa". libraria.xunta.gal. Consultado o 22-4-2020. 
  6. Mariño Davila, Esperanza L. (xullo, agosto, setembro 2022). "Un constante renacer do uróboro". Grial LX (235): 89–90. ISSN 0017-4181. 
  7. Mariño Davila, Esperanza L. (abril, maio, xuño 2023). "Sobre profecías e baleas. Cando vence o desamor". Grial LXI (238): 89–90. ISSN 0017-4181. 
  8. "Premios A PIPA de dramatuxia breve 2013/2014" (PDF). erreguete.gal. Consultado o 22-4-2020. 
  9. "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22. 
  10. Abad de Larriva, Ana (novembro de 2020). "Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia". diariocultural.gal. Consultado o 03/12/2020. 
  11. Fernández Peláez, Julio (abril de 2019). "Ediciones Invasoras publica setenta minutos de justicia". ovejasmuertas.wordpress.com (en castelán). Consultado o 03-12-2020. 
  12. 12,0 12,1 "Microteatro en el Hórreo". editorialcirculorojo.com. Consultado o 22-4-2020. 
  13. "As Outras Luces". A Movida. Consultado o 27/09/2024. 
  14. "Zigzag Diario 17/11/2021". Televisión de Galicia. Consultado o 27/09/2024. 

.

Recoñecementos

editar

Premios

editar
  • 2014: I Premio 'A Pegada' de teatro radiofónico. Do material do que están feitos os soños.
  • 2014: Accésit 'A Pipa' de dramaturxia breve. O ceo baixo Berlín.
  • 2015: 2º Premio 'A Pipa' de dramaturxia breve. Fíos.
  • 2016: XI Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Fendas. (ex aequo)
  • 2017: Accésit 'A Pegada' de teatro radiofónico. Bestiario.
  • 2017: XVIII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña. Despois das ondas.
  • 2021: XVI Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Profetas.[1]
  • 2023: Premio 'Asturias Joven' de Textos Teatrales del Instituto Asturiano de la Juventud. Memoria de la nisal.

Seleccións

editar
  • 2016: Axudas á Creación Joven do Instituto de la Juventud. Tras Tannhäuser.
  • 2017: Bolsa de creación Dramaturgias Actuales do Ministerio de Cultura. El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas.
  • 2018: Autor seleccionado no programa DramaturXA do Centro Dramático Galego. Onde veñen morrer as baleas.
  • 2020: Bolsa de creación Nuevas Dramaturgias dos teatros de Euskadi. Canciones amarillas para flores tristes.
  • 2021: Bolsa de Dramaturxia e Creación da Xunta de Galicia, convocada pola AGADIC e o Centro Dramático Galego: Relato para un incendio.

Candidaturas

editar
  • 2020: Finalista na categoría mellor texto orixinal dos XXIV Premios de Teatro María Casares. Despois das ondas.[2]
  • 2023: Candidato, xunto a Marta Pérez, a mellor autoría teatral nos XXVI Premios Max das Artes Escénicas. O péndulo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Vídeos externos

editar