Ernest Bloch

compositor estadounidense
Este artigo trata sobre o compositor. Para o filósofo do mesmo nome, vexa Ernst Bloch.

Ernest Bloch, nado en Xenebra o 24 de xullo de 1880 e finado en Portland, Oregón o 15 de xullo de 1959, foi un compositor nacido en Suíza naturalizado estadounidense.

Infotaula de personaErnest Bloch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1880 Editar o valor em Wikidata
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xullo de 1959 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaAgate Beach (en) Traducir
Xenebra
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1924–)
Suíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio Hoch Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York
San Francisco
Cleveland
Berkeley Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , fotógrafo , profesor de música Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSan Francisco Conservatory of Music (en) Traducir (1925–1930)
Cleveland Institute of Music (en) Traducir (1920–1925)
Mannes College The New School for Music (en) Traducir (1917–1920)
Universidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoSinfonía Editar o valor em Wikidata
ProfesoresÉmile Jaques-Dalcroze (pt) Traducir e Louis Rey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosRandall Thompson, Ernst Bacon (pt) Traducir, Fernande Peyrot (pt) Traducir, Ethel Glenn Hier (pt) Traducir e Jean Binet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en

IMDB: nm2167798 Allmovie: p82134
Spotify: 4s7qI7HT1XDzotj6IYNEuJ Musicbrainz: e91fbf2b-178d-4243-972e-73eff6a5676f Discogs: 944146 IMSLP: Category:Bloch,_Ernest Allmusic: mn0001512379 WikiTree: Bloch-716 Find a Grave: 20628361 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Ernest Bloch naceu en Xenebra e estudou música e composición no conservatorio de Bruxelas con, entre outros, Eugène Ysaÿe; posteriormente cursou estudos no Hoch Conservatory de Frankfurt. Viaxou por toda Europa antes de establecerse nos Estados Unidos en 1916, converténdose en cidadán dese país oito anos máis tarde.

En decembro de 1920, ocupou o cargo de director musical do recentemente creado Instituto de Música de Cleveland, posto que desempeñou até 1925. Entre este último ano e 1930, foi director do conservatorio de San Francisco. Entre os seus alumnos máis coñecidos atópanse George Antheil e Roger Sessions.

Pasou en Suíza a maior parte da década dos anos trinta do século XX, antes de regresar aos Estados Unidos. Faleceu en Portland, con setenta e oito anos, vítima dun cancro.

Composicións editar

As obras temperás de Bloch inclúen a súa ópera Macbeth (1910) e amosan a influencia tanto do compositor alemán Richard Strauss como do impresionismo musical de Claude Debussy. As súas obras de madurez inspíranse na liturxia e a música folclórica xudías. Entre ditas composicións encóntranse: Schelomo (1916) para violonchelo e orquestra; a Sinfonía Israel (1916); Baal Shem para violín e piano (1923, cunha versión posterior para violín e orquestra) e Avodath Hakodesh (Servizo Sagrado, 1933) para barítono, coro e orquestra.

Outras obras deste período inclúen un concerto para violín escrito para Joseph Szigeti e a rapsodia América para coro e orquestra.

As pezas musicais escritas despois da segunda guerra mundial son un pouco máis variadas estilisticamente, se ben persiste nelas un ton esencialmente romántico. Algunhas, como a Suite hebraica de 1950 continúan coa temática xudía; outras, como o segundo concerto grosso (1952) demostran o interese do autor polo neoclasicismo (se ben aquí a linguaxe harmónica é basicamente romántica, baixo unha forma barroca); e outras, incluíndo o último cuarteto para cordas, inclúen elementos atonais.

Obras principais editar

  • Macbeth, ópera en tres actos (1909 Xenebra-París)
  • Schelomo, rapsodia hebraica para violonchelo e orquestra (17-7-1916).
  • Tres poemas xudeus para orquestra (1917).
  • Quinteto con piano (25-9-1924).
  • Concerto para violín e orquestra (20-7-1938).
  • Suite hebraica para orquestra (1951).
  • Catro cuartetos para corda.
  • Tres Suites para Violonchelo só

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar