Endovélico
Endovélico é un deus dos galaicos, lusitanos,[1] vetóns e celtiberos prerromanos da Idade de Ferro. Orixinalmente foi un deus ctónico. El era o deus/señor do Inframundo e da saúde, da profecía, protector da terra e da natureza.[2] Posteriormente foi adaptado polos propios romanos, que o asimilaron a Plutón ou a Serapis e convertérono nun deus relativamente popular.[3][4]
Endovélico | |
---|---|
Deus da saúde, da natureza e o Inframundo | |
Ilustración representando o deus Endovélico, segundo unha intelixencia artificial. | |
Outros nomes | Enobólico Endovelicus Endovellicus Vaelico |
Animais | Xabaril e lobo |
Xénero | Masculino |
Rexión | Gallaecia, Lusitania e Celtiberia |
Grupo étnico | Galaicos, lusitanos, vetóns e celtiberos |
Información persoal | |
Consorte | Ataecina |
Equivalentes | |
Equivalente romano | Plutón e Serapis |
Endovélico ten un templo en São Miguel da Mota en Alentejo, Portugal, e hai numerosas inscricións e ex-votos dedicados a el no Museo Etnolóxico Nacional de Lisboa; posibles topónimos na súa honra inclúen Andévalo, en España.[5][6] O culto de Endovélico prevaleceu até o século V, cando o cristianismo se estendeu pola rexión.
Etimoloxía
editarNos dous últimos séculos, os estudosos propuxeron diversas teorías sobre a orixe etimolóxica do nome de Endovélico.[7][8] Unha teoría asocia a súa etimoloxía coas palabras célticas endo, superlativo divino, e vellicus, de significado escuro. Algúns relacionárono con Bellinus, nome da divindade celta Belenos,[9] mentres que outros o asocian con vailo, termo celta que designa ao lobo.[10]
António da Visitação Freire propuxo que o noe podería ser de etimoloxía mixta, céltica e fenicia á vez, adaptada ao latín. Así, endo sería en efecto un superlativo celta, mentres que bel vería de baal, o termo fenicio para "señor", e -cus sería unha terminación latina. Leite de Vasconcelos rexeitou esta teoría, atribuíndo a vellicus unha orixe celta e un significado traducible como "bo" ou "benéfico".[11][12]
Culto
editarA consideración de Endovélico como celta ou lusitano provoca controversia entre os investigadores, como a propia caracterización do pobo lusitano, xa que se venera tamén entre os vetóns da provincia de Ávila (en Postoloboso, Candeleda) co nome de Vellicus ou Vaelicus. O monte era o seu lugar de culto, como numen locis ou espírito protector do lugar (similar ás ninfas grecorromanas), relacionándose cons outros numens e divindades ctónicas. Estes santuarios son de difícil acceso, talvez buscando o misticismo e recollemento do oculto entre a frondosidade dos montes e os bosques e dando maior énfase ó carácter sagrado destas divindades, cuxos fieis atoparían nunha especie de peregrinación iniciática moi propia das sociedades teocráticas.
En Rocha da Mina, San Miguel de Mota (Portugal)[13] e nas Minas de Río Tinto (Huelva)[14], debido á poboación lusitana que traballou naquelas minas imperiais. Estes reúnen as características doutros santuarios dedicados a deuses do mundo subterráneo como o santuario de Pánoias en Vila Real (Portugal) dedicado a Serapis e outros deuses e o de Isis en Belo Claudia, Cádiz .
Os achados atopados suxiren a práctica da incubatio[15] (consistente na manifestación divina a través do sono da persoa) coma o rito máis nomeado en relación co culto de Endovélico. O devoto durmía no templo ou altar do deus e nos soños que tivese recibía a mensaxe que necesitaba. Outros autores relaciónano tamén co monte e co renacer vexetal, xa que trala súa estancia no inframundo (tras ser morto por un xabarín) levaría consigo a primavera ó volver á superficie, acompañado pola súa consorte a deusa Ataecina, divindade á que aparece asociado en certos exvotos e epigrafías. Ofrecíanselle porcos como ofrendas, debido á asociación do deus cos xabaríns, dos cales se atoparon exvotos nos seus templos.
Notas
editar- ↑ "Palaeohispánica: magazine on languages and cultures of ancient Hispania" (PDF). Palaeohispánica: Revista Sobre Lenguas y Culturas de la Hispania Antigua (en castelán) (Institución «Fernando el Católico») 2. 2002. ISSN 1578-5386 – vía ifc.dpz.es.
- ↑ J. Domínguez, Adolfo; Gómez-Pantoja, Joaquín; Sánchez Moreno, Eduardo (2007). Protohistoria y Antigüedad de la Península Ibérica II. Silex Ediciones. p. 252. ISBN 9788477371823.
- ↑ Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Masters’ dissertation on Archaeology.. Lisboa: Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.
- ↑ Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Second edition. Coímbra: Universidade de Coímbra.
- ↑ Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Masters’ dissertation on Archaeology. Lisboa: Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.
- ↑ Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Second edition. Coimbra: Universidade de Coimbra.
- ↑ Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Masters’ dissertation on Archaeology. Lisboa: Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.
- ↑ Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Second edition. Coimbra: Universidade de Coimbra.
- ↑ "Los Dioses de la Vida, de Constantino Cabal". Consultado o 7 de maio de 2017.
- ↑ Álvarez Sanchís, Jesús (2003). Los Vettones. Real Academia de la Historia. p. 320. ISBN 9788495983169.
- ↑ Monteiro Teixeira, Sílvia. 2014. Cultos e cultuantes no Sul do território actualmente português em época romana (sécs. I a. C. – III d. C.). Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.
- ↑ Encarnação, José d’. 2015. Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Universidade de Coímbra.
- ↑ "Novas investigações no santuário de Endovélico (S.Miguel da Mota, Alondroal) a campanha de 2002 "Almícar Guerra, Rui Almeida, Thomas Schattner, Carlos Fabião
- ↑ "Testimonios religiosos en las minas de Rio Tinto: algunas reflexiones" Oria Segura, Mercedes Dialnet.unirioja.es
- ↑ "Disertacion sobre el dios Endovélico y noticia de otras deidades gentilicias de la España Antigua" Pérez Pastor, Miguel Editorial: Editorial Órbigo, S.L.1860
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Endovélico |
Bibliografía
editar- Loução, Paulo Alexandre: Portugal, Terra de Mistérios, Ésquilo, 2000 (terceira edición; ISBN 972-8605-04-8).
- Michael Jordan, Encyclopedia of Gods, Kyle Cathie Limited, 2002
Ligazóns externas
editar- Información na web Historia y mitología (con licenza Under Creative Commons License: Attribution Non-Commercial No Derivatives) (en castelán)