Enchilada

Prato mexicano

A enchilada é un prato típico mexicano, que consiste nunha torta de millo enrolada, que se frixe, se reenche con carne picada e outros ingredientes diversos, e se cobre con mollo de tomate picante ou queixo[1].

Enchiladas verdes, variante onde as tortas van bañadas con mollo verde

Dependiendo do estilo, a enchilada pode ir con acompañamento ou con recheo de carnes —vitela ou porco— ou queixo; ademais dalgunha gornición adicional, que xeralmente consiste en cebola fresca picada ou en aneis, leituga, crema de leite e queixo.

En Guatemala e México as enchiladas son consideradas unha comida tradicional e os seus ingredientes son: picado de carne, curtido (beterraba, cebola, pirixel, allo, tomiño, chile, cenoura, feixóns verdes, ervella, repolo mediano, ourego, vinagre), mollo de tomate, vitela ou porco, leituga, ovos duros, cebola, queixo duro.

Variedades

editar

Hai variedades que son pasadas no forno para gratinar o queixo que se lles engade por riba, ou ben fundir o que teñan dentro. Aínda que o proceso en si varía significativamente de rexión en rexión, polo xeral tense esa constante: tortas fritidas levemente, recheas dun ingrediente principal que son mergulladas en mollo picante. Os ingredientes opcionais son os que se engaden por riba da preparación: pode ser aneis de cebola, queixo Cotija empoado, crema de leite ou follas de leituga ou coandro.

Dependendo da localidade na que se preparan, pode variar o estilo de preparación e o sabor.

 
Enchiladas vermellas morelianas.

Entre as enchiladas máis comúns atópanse:

  • Enchiladas verdes: preparadas cun mollo baseadao en tomates verdes cocidos.
  • Enchiladas vermellas: a base do mollo pode ser o tomate ou chile seco (chile guajillo) que lle dan a cor vermella.
 
Enchiladas vermellas de chile guajillo
  • Enchiladas suízas: preparadas cun mollo verde con base nunha crema de leite e cubertas de queixo gratinado, no canto do queixo fresco máis usual noutro tipo de enchiladas. Nalgúns restaurantes adóitanse preparar con salsa vermella non picante, usando tomate na súa preparación.
  • Enchiladas de mole: cubertas de mole poblano e ocasionalmente adubadas con sésamo, tamén chamadas enmoladas.
  • Enchiladas de frijol: cubertas con feixóns. Tamén chamadas enfrijoladas.
  • Enchiladas de chilorio: de carne de porco.
  • Enchiladas Regiomontanas: orixinais de Monterrey, son recheas de queixo fresco ou norteño, fritidas levemente en aceite e bañadas con salsa de chile ancho, sérvese con patacas fritidas e leituga e tomate fresco como ensalada.
  • Enchiladas potosinas: feitas con tortas pequenas, recheas de requeixo ou puré de feixóns e picante.
 
Enchiladas mexicanas
  • Enchiladas mexicanas: preparadas con mollo verde, crema e mollo vermello, coa orde das cores da bandeira de México.
  • Enchiladas norteñas: a base do mollo é tomate e chile chipotle, con queixo gratinado e xeralmente recheas de polo ou pataca.
  • Enchiladas del suelo: é unha variedade na cal a torta non se frite, pásase por un mollo vermello picante e mesto, e despois ponse un pouco no asador, énchese con pataca con queixo de calle e crema ao gusto, son máis ben secas. Orixinais de Sinaloa.
  • Enchiladas de mole vermello no estado de Oaxaca son moi típicas nalgunha vilas como Cuicatlán, son unha mestura de mollo de cor laranxa e a este chámaselle mole vermello, dóurase a torta colócaselle polo (pito) no centro da tortilla e mergúllase durante un ou dous minutos, bótaselles queixo, crema e cebola en aneis finos.
  • Encremadas: calquera tipo de recheo, bañadas en mollo de crema.
  • Enchiladas doces: orixinais de Colima, teñen un sabor doce xa que ao mole agrégaselle piloncillo e pasas.
  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar