Burrito
O burrito ou taco de fariña , é un prato típico mexicano, elaborado cunha torta de fariña triga (tortilla) enrolada e reenchida de diversos ingredientes, principalmente carne picada asada, queixo e legumes (normalmente feixóns refritidos), e cuberta con queixo fundido.[1][2] Pola contra, un taco é xeralmente formado ao dobrar unha torta á metade ao redor da carne, deixando o perímetro semicircular aberto.Isto último describe a versión estadounidense (Tex-Mex) de taco; en México, o taco faise sempre enrolando a torta ao redor do recheo, mesmo que pode ser practicamente de calquera alimento ou guiso.
Desenvolvemento en México
editarA palabra "burrito" aparece en galego no Dicionario de alimentación e restauración (VV. AA. 2012, Santiago de Compostela, Termigal, Xunta de Galicia, Real Academia Galega). En castelán aparece no Diccionario de Mexicanismos de 1895, onde se identifica como un termo rexional de Guanajuato e é definido como unha "Torta enrolada, con carne ou outra comida dentro, que no Iucatán chaman coçito, e en Cuernavaca, taco" .[3] Esta data de publicación en 1895 desacredita unha etimoloxía apócrifa na que se di que a palabra "burrito" orixinouse durante o período da Revolución Mexicana (1910-1921) en referencia ao burro de Juan Méndez, un vendedor de burritos en Ciudad Juárez no barrio Bella Vista.
Así mesmo, nalgunhas rexións de México como é o estado de Tamaulipas, a este tipo de alimentos coñéceselles como flauta[4]
O nome burrito posibelmente derívase da aparencia da torta de trigo enrolada, que vagamente parece a orella dun burro, ou polos fardos enrolados e paquetes que os burros carrexaban.
Notas
editar- ↑ Definiciónd e burrito en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración,Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Bayless, Rick (2007). Authentic Mexican: Regional Cooking from the Heart of Mexico. HarperCollins. p. 197. ISBN 9780061373268. Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ Ramos y Duarte, Féliz (1895). Diccionario de Mejicanismos. Imprenta de Eduardo Dublan.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 03 de agosto de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bayless, Rick and Deann Groen Bayless. (1987). Authentic Mexican: Rexional Cooking from the Heart of Mexico. Morrow Cookbooks. p. 142.ISBN 0-688-04394-1