Emilio Ínsua
escritor galego
(Redirección desde «Emilio Xosé Ínsua»)
Emilio Xosé Ínsua López, nado en Viveiro en 1967, é un escritor e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Viveiro, España |
Formación profesional | Filoloxía galego-portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, investigador |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDoutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesor de Lingua e Literatura no IES A Basella, de Vilanova de Arousa.
Fai parte do consello de redacción da revista Cerna, editada por ADEGA. Colaborou con relativa frecuencia cos semanarios Heraldo de Vivero, La Voz de Ortigueira e A Nosa Terra. Foi socio fundador Mesa pola Normalización Lingüística, membro do consello da editorial Letras de Cal e participou como relator en diversos simposios, congresos e xornadas relacionadas coa lingua e a literatura galega.
Obras
editarPoesía
editar- Devalar das esperas, 1995, Espiral Maior.
- Acontece ás veces a ternura, 2005, Espiral Maior.
Ensaio
editar- Antón e Ramón Villar Ponte: unha irmandade alén do sangue, 2004, Centro Ramón Piñeiro.[1]
- Sobre O Mariscal de Cabanillas e Villar Ponte, 2005, Universidade da Coruña.
- Antón Villar Ponte e a Academia Galega, 2006, Edicións do Cumio.
- Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo), 2010, Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
- A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Baía Edicións.[2]
- Díaz Castro: poeta en formación (1914-1939), 2017, Edicións Laiovento.[3]
- Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, 2018, Xerais. Coa coautoría de Xurxo Martínez.[4]
Edicións
editar- Entre dous abismos. Nouturnio de medo e morte, de Antón Villar Ponte, 1998, Universidade da Coruña.
- Pasar sencillamente con un verso en los labios: obra inédita e dispersa, de Antonio Prados Ledesma, 2008, Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
Obras colectivas
editar- O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
- Parnasur, 1998, edición dos autores, narrativa. Con Ramón Caride.
- Literatura galega. Século XX, 2001, A Nosa Terra.
- Manuel María, 2001, Ophiusa. Ensaio.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poesía.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Poesía.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
- O primeiro Villar Ponte: Achegamento ao período de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908), 2003. Ensaio.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ensaio.
- Escrita contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. Ensaio.
- Cento vinte e cinco anos de teatro en galego, 2007, Galaxia. Ensaio.
- Xornalistas con opinión. 20 biografías, 2007, Galaxia. Entrevistas.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936, 2010, Fundación Caixa Galicia. Ensaio.
- Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais. Ensaio.
Premios
editar- En colaboración con Carlos Nuevo Cal. Obra premiada no XVII Premio Literario Ánxel Fole, no 2003, por O primeiro Villar Ponte: Achegamento ao período de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908).[5]
- IV Premio de Poesía Prados Ledesma do Concello de Viveiro no 2005, por Acontece ás veces a tenrura.
- XXIII Premio Literario Ánxel Fole no 2009, en coautoría con Carlos Nuevo Cal, por Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936.[6]
Notas
editar- ↑ Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue
- ↑ A nosa terra é nosa! Arquivado 31 de outubro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
- ↑ Díaz castro: poeta en formación (1914-1939) Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. ISBN 84-8487-379-2.
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-304-8.
- ↑ Redacción (25 de decembro de 2004). "Viveiro designa a Carlos Nuevo Cal cronista oficial de la ciudad". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2020.
- ↑ Redacción (8 de maio de 2009). "Carlos Nuevo Cal y Emilio Xosé Ínsua ganan por segunda vez el Premio Anxel Fole, con un ensayo sobre la pintora Maruja Mallo". europapress.es (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emilio Ínsua |
Ligazóns externas
editar- Blog do autor
- Ficha do autor Arquivado 09 de novembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web de Edicións Laiovento.