Abrir o menú principal

Emilio Cao

músico e compositor galego

Emilio Cao Losada, nado en 1953, é un músico e compositor compostelán, destacado intérprete de arpa celta, e primeiro recuperador de tal instrumento en Galiza dende a Idade Media.

Emilio Cao
Nacemento1953
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e compositor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Os seus inicios como músico están ligados a diversos grupos pop da súa cidade. Participou, entre outros proxectos, nos grupos Brétema e N.H.U. Algo máis tarde traballou como músico acompañante vencellado ao colectivo Voces Ceibes. Foi naquel momento no que comezou a compoñer as súas primeiras cancións.

A mediados dos anos setenta viviu diversas experiencias por toda Europa, levando unha vida a medio camiño entre a emigración e a bohemia. Ao seu regreso, atopou accidentalmente unha arpa nunha tenda de instrumentos de segunda man, instrumento que aprenderá a tocar de xeito autodidacta, e para o que axiña comezará a compoñer música.

A partir do seu primeiro disco Fonte do Araño (Zafiro, 1977), comezou a relacionarse con outros intérpretes deste instrumento, entre os que destacan a galesa Elsie Thomas de Swansea e o bretón Alan Stivell. Tamén estreitou os seus lazos con músicos portugueses relacionados co movemento dos Cantores de abril.

Na discografía de Emilio Cao destaca un grande interese pola cultura literaria de Galiza. As referencias a coñecidos escritores son evidentes dende o título dalgún dos seus traballos, pero tamén é frecuente que musique poemas dalgúns dos poetas galegos máis importantes, como Rosalía de Castro ou Manuel Antonio (a quen dedicou o traballo Cartas Mariñas). Tamén ten colaborado con autores vivos como Suso de Toro e Anxo Rei Ballesteros.

Unha dimensión máis das relacións entre a súa música e a literatura son os seus múltiples traballos para o teatro galego, compoñendo e tocando a música para representacións de obras de Roberto Vidal Bolaño, Eduardo Alonso, Xulio Lago, ou Suso de Toro, así como o de diversas adaptacións.

Como músico ten colaborado ademais en traballos de diversos artistas como Ruper Ordorika, Fausto, Siniestro Total e Maite Dono. Esta última artista ten versionado algunhas das súas cancións máis coñecidas.

DiscografíaEditar

Véxase taménEditar