Bailaré sobre tu tumba

Bailaré sobre tu tumba é o cuarto álbum da banda viguesa de punk rock Siniestro Total, editado no ano 1985 a través do selo DRO. No ano 2002 relanzouse unha edición remasterizada do álbum con catro cancións extra. Trátase do primeiro disco do grupo gravado tras a entrada do guitarrista Javier Soto, que tamén se encargou de gravar os teclados.[1]

Bailaré sobre tu tumba
Álbum de Siniestro Total
Publicado1985
Gravación1985
Xénero(s)punk rock
Selo(s)DRO
Producido porPaco Trinidad
Cronoloxía
Menos mal que nos queda Portugal Bailaré sobre tu tumba Gran D Sexitos

Os oito primeiros temas do disco foron gravados en 1985 nos estudios Trak de Madrid baixo a produción de Paco Trinidad. Os restantes temas da edición orixinal graváronse en concertos celebrados en Alcázar de San Juan, Santiago de Compostela, Vigo e Valladolid ese mesmo ano. Tres das catro cancións extra da edición do 2002 proceden das sesións de estudio de Trak, e a derradeira, "We are the world", gravouse no Parque de Castrelos no verán de 1985[2].

Lista de cancións editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Vámonos al Kwai"  Julián HernándezJulián Hernández 2:21
2. "¿Qué tal, homosexual?"  HernándezHernández, Miguel Costas 1:01
3. "Kalahari"  HernándezHernández, Costas 1:49
4. "Al final"  CostasCostas 3:09
5. "Demasiado lejos"  CostasCostas 3:10
6. "Rock en Samil"  HernándezRamones 1:54
7. "Bailaré sobre tu tumba"  HernándezHernández, Costas, Alberto Torrado, Javier Soto 3:05
8. "Will Power"  Hernándeztradicional 0:18
9. "Can't get Enough"  HernándezBad Company 3:12
10. "Hey, hey, Vigo"  HernándezHernández 1:09
11. "Hoy voy a asesinarte"  Hernández  2:29
12. "Ye-yé"  HernándezThe Rezillos 4:07
13. "Viene el verano"  HernándezUndertones 1:39
14. "Emilio Cao"  HernándezRay Davies 2:22
15. "Sexo chungo"  CostasCostas 2:57

Cancións extra da reedición do 2002 editar

  1. "No me lavo en la vida" - 2:36 (Cara B do sinxelo "Bailaré sobre tu tumba")
  2. "Cada día somos más" - 1:59 (Cara B do sinxelo "¿Qué tal, homosexual?")
  3. "No me mates con tomate" - 1:24 (Cara B do sinxelo "Al final")
  4. "We are the world" - 3:37 (Gravada ao vivo no Parque de Castrelos)

Notas editar

  1. "LaFonoteca, Disco: Bailaré Sobre tu Tumba". lafonoteca.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-23. 
  2. http://siniestro.com/historia/disco/bailare-sobre-tu-tumba-1