Miguel Costas

guitarrista e cantante galego

Miguel Ángel Costas Peón, nado en Vigo o 1 de marzo de 1961, é un guitarrista vocalista, produtor e compositor galego. Formou parte de varias bandas ao longo da súa carreira, sendo coñecido principalmente pola súa etapa en Siniestro Total e Aerolíneas Federales.

Miguel Costas
Miguel Costas.jpg
Nome completoMiguel Ángel Costas Peón
Data nacemento1 de marzo de 1961
Nado enVigo
Ocupaciónguitarrista
XéneroPunk rock, hard rock
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado conLa Banda Turca, Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz
Tempo en activo1977-actualidade
Na rede
MySpace: miguelcostas Musicbrainz: 4357212e-3019-45c0-9bcc-3e02a965cba7 Songkick: 4656913 Discogs: 994674 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Siniestro TotalEditar

A principios de 1980 forma xunto con Germán Coppini como vocalista e Julián Hernández á batería o grupo Coco y los del 1.500, no que el fai de guitarrista. Entre finais de agosto e principios de setembro de 1981 cambian o nome do seu outro grupo, que comparte con Alberto Torrado e Julián Hernández, Mari Cruz Soriano y los que Afinan su Piano, por Siniestro Total. Cando Coppini deixa a banda, el pasa a ser vocalista e guitarrista ata que deixa o grupo en 1994.

Aerolíneas FederalesEditar

Miguel Costas formou en Vigo en 1981 un grupo, Aerolíneas Federales, con Flechi e Silvino Carreras, baixo os pseudónimos New Border, Federico Flechini e Bollito Singerman respectivamente. A partir de 1983 incorpórase ao grupo un batería chamado Luís Santamarina (Donna Sangre) e Flechi pasa a ser cantante da banda. Máis tarde súmanse ao grupo Coral Alonso e Rosa Costas como coristas; Flechi abandona máis tarde a banda ao non atoparse a gusto co novo estilo da banda. A seguinte formación da banda está composta por Miguel Costas, Silvino, Luís e as aerolinettes Coral Alonso e Rosa Costas. Finalmente, Miguel Costas marchou ao non poder estar á vez en Siniestro Total e en Aerolíneas Federales.

Los FelizEditar

Logo da súa saída de Siniestro Total, formou en Vigo a súa nova banda, sendo o guitarrista e cantante, xunto a Javier Martínez á batería, Martín Esturado á segunda guitarra e Pedro Feijoo ao baixo.

Miguel Costas e La Banda TurcaEditar

Ao deixar Los Feliz, formou a súa nova banda, Miguel Costas y La Banda Turca, onde foi o guitarrista e vocalista, xunto aos músicos coruñeses Juan Naya á guitarra, Landy ao baixo, e Iván á batería. Con esta nova banda tocou novos temas de actualidade e os grandes éxitos que compuxo nos seus grupos anteriores.

COSTAS BandaEditar

A actual banda de Miguel Costas está formada por Juan Naya á guitarra e coros, Jose Bonham batería e coros, Coché Villanueva baixo e coros, e Miguel Costas voz e guitarra.

DiscografíaEditar

Con Siniestro TotalEditar

Con Aerolíneas FederalesEditar

Con Los FelizEditar

COSTASEditar