Emblema de Tailandia

O emblema nacional de Tailandia (en tailandés: ตราแผ่นดินของไทย), chamado Phra Khrut Pha (transl. de: พระครุฑพ่าห์; do tailandés: Garudá como vehículo (de Vishnu)) foi adoptado oficialmente como emblema nacional do rei Vajiravudh (Rama VI) en 1911, sendo o símbolo da autoridade do monarca e doutros membros da familia real.

Emblema de Tailandia
Versións

Versión coas ás separadas e a autorización real
Detalles
ArmigerTailandia Bhumibol Adulyadej
Adoptado1911
EscudoGarudá
Uso• Rei de Tailandia
• Documentos oficiais do Goberno de Tailandia

Garudá é unha figura mítica no hinduísmo e no budismo. No escudo tailandés e nos estandartes dos membros da familia real aparece representado como unha criatura de cor vermella que porta unha coroa. Ten un torso e brazos humanos e unhas patas e plumas de ave. Neste emblema fai referencia ao Krut Pha, é dicir, Garudá actuando como vehículo do deus Vishnu. Garudá tamén aparece no Escudo de Indonesia e no da cidade de Ulán Bátor, capital de Mongolia.

Historia

editar

En 1873, o rei Chulalongkorn de Siam (Rama V) decidiu adoptar un escudo de armas co estilo que posuía a heráldica en Occidente. Aproximadamente corenta anos despois o mesmo monarca decidiu que había que modificar de novo o escudo porque posuía un carácter excesivamente occidentalizado e non figuraba no mesmo o Garudá, que fora o símbolo da autoridade real dende os tempos do Reino de Ayutthaya.

Chulalongkorn encargou ao seu irmán, o príncipe Naris, realizar un novo brasón. O príncipe Naris deseñou unhas armas nas que figuraban Garudá, Nāga e o deus Vishnu. Estas armas aparecían colocadas dentro dun círculo, co deseño característico dun selo, foron utilizadas durante un curto período posto que o monarca solicitou que se retirasen as imaxes de Vishnu e Nāga.

Despois do reinado de Chulalongkorn, o rei Vajiravudh ordenou crear unha nova versión do escudo. Esta contiña as armas do rei Chulalongkorn ás que se engadiu outro bordo na súa parte exterior para incluír o nome cerimonial do monarca. Desta forma, cando era coroado un novo rei, modificábase o escudo para incluír o nome cerimonial que lle correspondese. En 1935, despois da abdicación do rei Prajadhipok, o novo rei Ananda Mahidol non chegou a ser coroado, o seu nome cerimonial non foi engadido ao escudo e este non volveu figurar nas armas dos monarcas tailandeses.

Na súa versión actual, o emblema nacional tailandés consiste nunha imaxe de Garudá sen ningún círculo. Realízanse esculturas do Garudá Real, que son concedidas polo monarca tailandés como distintivo da autorización real a compañías que gozan da súa confianza e coas que realiza contratos comerciais.

 
 
 
Selo de Siam, coas imaxes de Garudá, Nāga e Vishnu. Utilizado como selo real antes do reinado de Rama V. Selo de Siam. Versión deseñada polo príncipe Naris para substituír o escudo utilizado entre 1871. Versión actual do selo real tailandés. Engádeselle o nome cerimonial de cada monarca na súa parte exterior.

O escudo de Rama V

editar
 
Escudo do monarca tailandés de 1873 a 1910.

Entre 1873 e 1910 Siam contou cun escudo co estilo característico da heráldica occidental. Este escudo foi adoptado durante o reinado do rei Chulalongkorn (Rama V), que encargou ao seu primo o príncipe Pravij Jumsai elaborar un escudo de estilo europeo. Este escudo, que foi coñecido como o escudo de armas do Rei de Siam (en tailandés: พระราชลัญจกรประจำแผ่นดินสยา), contou cos elementos propios da tradición heráldica europea. A súa descrición ou brasoamento é a seguinte:

Escudo partido e mantelado en xefe. Na primeira partición, de ouro, un elefante de tres cabezas, de fronte e de prata por Siam; na segunda, de goles, un elefante pasante de prata encadeirado de ouro, por Laos; na terceira partición, de goles (representado de cor rosa), dúas Kris de ouro postas en souter pola Suzeranía de Malaisia.

O escudo acolado da Espada da Vitoria e do Bastón do monarca tailandés, de ouro, sobre un manto de prata, gornecido de ouro, alzado cunha cinta de gules (representado de cor rosa). Por soportes, na destra, un león-elefante e, na sinistra, o "Rei dos Leóns", de carnación e de ouro sobre unha terraza surmontada de dous pantuflas do mesmo; os tenantes ou soportes sosteñen dous parasois reais de sete niveles do mesmo metal. Ao timbre os emblemas do Chakra e Trisula surmontados da Gran Coroa da Vitoria. O todo rodeado polos colares da Antiga e Auspiciosa Orde das Nove Xemas e da Moi Ilustre Orde de Chula Chom Klao.

Por divisa ou lema "สพฺเพสํ สงฺฆภูตานํ สามคฺคี วุฑฺฒิ สาธิกา", "Sabbesam Sanghabhutānam Sāmaggī Vuḍḍhi Sādhiga" que en pali significa "A Unidade Brinda Ledicia", de ouro, nunha lista ou cinta de goles bordeada de ouro e de sínople.
 
Emblema da Dinastía Chakri, composto polos símbolos do Chakra e do Trisula.
  • O elefante de tres cabezas, coñecido como Erawan (เอราวัณ), denominado Airavata polos hindús, é o vehículo do deus Indra. As tres cabezas simbolizan o norte, o centro e o sur de Siam.
  • O elefante que representa a Laos alude á denominación nativa do territorio "Lan Xang", a terra dun millón de elefantes.
  • As Kris do brasón de Malaisia son un tipo de daga empregado no Sueste Asiático.
  • Os dous soportes do escudo, o león-elefante ou Kojasiha (คชสีห์) e o "Rei dos Leóns" ou Rajasiha (ราชสีห์), representan os antigos departamentos "Kalahom" (actual Ministerio de Defensa) e "Mahatthai" (Ministerio do Interior).
  • A Gran Coroa da Vitoria, a Espada da Vitoria, o bastón, os parasois de sete niveis e as pantuflas indias (situadas sobre a terraza) son as insignias reais tailandesas.
  • Os emblemas alusivos ao Chakra e ao Trisula, outra insignia da Dinastía Chakri, son dous símbolos relixiosos hindús e budistas con forma de tridente.
  • A Orde das Nove Xemas representa ao Budismo e a Orde de Chula Chom Klao contén na súa insignia un retrato do rei Chulalongkorn.
  • O manto que adorna o escudo é o da Orde de Chula Chom Klao, a cor rosa da cinta simboliza o día do nacemento do rei Chulalongkorn.

Este escudo foi retirado en 1910 ao considerar que posuía un estilo demasiado occidentalizado. Esta decisión tamén puido responder a que Siam foi obrigada a renunciar a Laos polos franceses (entre 1893 e 1904) e a Malaisia polos británicos (en 1909). O escudo de 1873 continúa figurando na insignia utilizada nos chaopeus da Policía Real Tailandesa e é o emblema da Real Academia Militar de Chulachomklao.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar