Abrir o menú principal

A bandeira de Tailandia está formada por cinco franxas horizontais de cor vermella, branca, azul, branca e vermella. A anchura da franxa azul, a central, é de dobre tamaño respecto ás restantes. As cores vermella, branca e azul simbolizan a nación, a relixión e o monarca ("Nación, Relixión, Monarca" é un lema non oficial). A versión actual da bandeira adoptouse o 28 de setembro de 1917. En tailandés, a bandeira nacional coñécese como ธงไตรรงค์ (“Thong Trairong”) que significa bandeira tricolor.

Bandeira de Tailandia
Bandeira de Tailandia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción28 de setembro de 1917
Cores     Azul     Vermello     Branco

Outras bandeirasEditar

Bandeira Data Uso Descrición
 
c.1700–1790 Símbolo nacional durante os períodos de Ayutthaya e Thonburi Bandeira rectangular lisa de cor vermella.
c.1790–1855 Símbolo civil ata 1855
 
c.1790–1820 Símbolo do estado e do naval creado polo Rei Buddha Yodfa Chulaloke (Rama I) Bandeira vermella cun chakra, presumiblemente para representar Chakri Dynasty.
 
c.1820–1855 Cambio feito polo Rei Buddha Loetla Nabhalai (Rama II) Bandeira vermella cun elefante branco dentro do chakra.
 
1855–1893 Símbolo nacional decretado polo Rei Mongkut (Rama IV) Un elefante branco centrado sobre o campo vermello. Chamada en tailandés "Thong Chang Puak (en thai: ธงช้างเผือก)"[1] (bandeira elefante).
1893–1916 Símbolo civil ata 1916
 
1893–1898 Bandeira do estado e do naval Un elefante branco engalanado centrado sobre un fondo vermello.
1898–1912 Bandeira civil e do naval.
1912–1917 Bandeira do estado decretada polo rei Vajiravudh (Rama VI).
 
1917 Bandeira civil Bandeira de franxas vermellas e brancas.
 
1917–presente Bandeira nacional, civil e do estado Tamén coñecida como Trairanga.

Bandeiras navaisEditar

NotasEditar

  1. Roberto Breschi. "Siam Bandiera mercantile 1839" (en Italian). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2004. Consultado o 2004-09-25. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar