Eleuterio Luaña Fernández
escritor e político galego
Eleuterio Luaña Fernández, nado en Logrosa (Negreira) en 1913 e finado en xullo de 1937, foi un escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Logrosa, España ![]() |
Morte | xullo de 1937 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarAlumno nas clases particulares de Manuel Guzmán Lamas. Aos dez anos entrou no Seminario diocesano de San Martiño Pinario. Alí aprendeu Filosofía e Teoloxía. En 1931 abandonou a vocación sacerdotal, e xa enfermo, volveu á súa aldea natal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Negreira, permanecendo no cargo até a súa morte. Publicou poemas na revista Vida Gallega e en El Eco Franciscano (co pseudónimo Añual). Os temas da súa obra son a enfermidade, o amor á xente e a Galicia, e un agarimo á paisaxe e á vida cotiá de Logrosa.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Negreira na guerra do 36. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-656-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 164. ISBN 84-8288-137-X.