Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023

proceso electoral

As eleccións parlamentarias turcas de 2023 están programadas para o 14 de maio de 2023, como parte das eleccións xerais de 2023, xunto coas eleccións presidenciais do mesmo día.[1]

Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
 ← 2018 (pt) Traducir Editar o valor em WikidataTurquía Editar o valor em Wikidata
Data14 de maio de 2023 Editar o valor em Wikidata
Tipoelección lexislativa Editar o valor em Wikidata
Parte de2023 Turkish general election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidodeputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado64.145.504 Editar o valor em Wikidata
55.356.081
   86.3٪
Número de votos válidos53.962.770    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
AK Parti
19.187.170   35.56٪
Parlamentario 268
CHP
13.675.902   25.34٪
Parlamentario 169
MHP
5.421.800   10.05٪
Parlamentario 50
İYİ Parti
5.225.196   9.68٪
Parlamentario 43
DEM Parti
4.800.607   8.9٪
Parlamentario 61
Novo Partido do Benestar
1.510.745   2.8٪
Parlamentario 5
Partido dos Trabalhadores da Turquia (pt) Traducir
954.547   1.77٪
Parlamentario 4

Editar o valor em Wikidata

Os votantes de 87 distritos electorais elixirán a 600 membros do Parlamento para a Grande Asemblea Nacional de Turquía por un período de cinco anos, formando o 28º Parlamento do país.

Sistema electoral editar

Os 600 membros da Grande Asemblea Nacional de Turquía serán elixidos por representación proporcional de listas de partidos en 87 distritos electorais, polo método D'Hondt. Aos efectos das eleccións lexislativas, 77 das 81 provincias de Turquía permanecen como distrito único. Debido á súa gran poboación, as provincias de Bursa e İzmir divídense en dous distritos, mentres que as provincias de Ancara e Istambul divídense cada unha en tres. De acordo coa Constitución de Turquía, calquera emenda á lei electoral só pode aplicarse un ano despois de que entre en vigor.

Límite electoral editar

Por iniciativa do gobernante AKP e o seu principal aliado político, o MHP, o límite electoral nacional para que un partido ingrese ao parlamento reducíuse do 10 ao 7 por cento.[2] Esta foi a primeira redución do límite dende que o introducíu a Xunta militar tras o golpe de Estado turco de 1980.[3]

Non hai límie para os candidatos independentes.[4] Os partidos políticos tamén poden optar por participar nas eleccións nunha alianza política con outros partidos, eliminando o requisito do 7% sempre que a alianza no seu conxunto obteña mais do 7% dos votos en total.

Outras emendas á lei electoral inclúen a distribución de escanos. Anteriormente, os escanos parlamentarios distribuíanse en función da porcentaxe de votos de cada alianza electoral nun distrito determinado. Agora, os escanos distribúense baseándose unicamente na participación de votos de cada partido político nese distrito. Se se aplicara ás eleccións anteriores, os resultados terían sido un pouco máis acordes coas preferencias dos votantes. Por exemplo, un escano de Erzurum de IYI (cuarto partido máis grande de Erzurum) sería para o HDP (terceiro partido máis grande de Erzurum) e un escano de Elazığ de CHP (terceiro partido mais grande de Elazığ) sería para MHP (segundo partido mais grande de Elazığ).[5]

Distritos electorais editar

Turquía está dividida en 87 distritos electorais, que elixen un certo número de membros da Grande Asemblea Nacional de Turquía. A Asemblea ten un total de 550 escanos, aos que cada distrito electoral asigna un determinado número de deputados en proporción á súa poboación. O Consello Supremo Electoral de Turquía realiza revisións da poboación de cada distrito antes das eleccións e pode aumentar ou diminuír o número de escanos dun distrito segundo o seu electorado.

En todos os casos, agás en catro, os distritos electorais comparten o mesmo nome e as fronteiras das 81 provincias de Turquía, coa excepción de Ancara, Bursa, Izmir e Istambul. As provincias que elixen entre 19 e 36 deputados divídense en dous distritos electorais, mentres que as provincias que elixen máis de 36 deputados divídense en tres. Como as provincias máis poboadas do país, Bursa e Izmir divídense en dous subdistritos, mentres que Ancara e Istambul se dividen en tres. A distribución de deputados electos por distrito electoral móstrase a continuación.[6]

Distrito Parlamentarios
Adana 15
Adıyaman 5
Afyonkarahisar 6
Ağrı 4
Aksaray 4
Amasya 3
Ancara 36
Ancara (I) 13
Ancara (II) 11
Ancara (III) 12
Antalya 17
Ardahan 2
Artvin 2
Aydın 8
Distrito Parlamentarios
Balıkesir 9
Bartın 2
Batman 5
Bayburt 2
Bilecik 2
Bingöl 3
Bitlis 3
Bolu 3
Burdur 3
Bursa 20
Bursa (I) 10
Bursa (II) 10
Çanakkale 4
Çankırı 2
Distrito Parlamentarios
Çorum 4
Denizli 7
Diyarbakır 12
Düzce 3
Edirne 4
Elazığ 5
Erzincan 2
Erzurum 6
Eskişehir 6
Gaziantep 14
Giresun 4
Gümüşhane 2
Hakkâri 3
Hatay 11
Distrito Parlamentarios
Iğdır 2
Isparta 4
Istanbul 98
Istanbul (I) 35
Istanbul (II) 27
Istanbul (III) 36
İzmir 28
İzmir (I) 14
İzmir (II) 14
Kahramanmaraş 8
Kars 3
Kastamonu 3
Karabük 3
Distrito Parlamentarios
Karaman 3
Kayseri 10
Kilis 2
Kırklareli 3
Kırıkkale 3
Kırşehir 2
Kocaeli 13
Konya 15
Kütahya 5
Malatya 6
Manisa 10
Mardin 6
Mersin 13
Distrito Parlamentarios
Muğla 7
Muş 3
Nevşehir 3
Niğde 3
Ordu 6
Osmaniye 4
Rize 3
Sakarya 7
Samsun 9
Siirt 3
Sinop 2
Sivas 5
Şanlıurfa 14
Distrito Parlamentarios
Şırnak 4
Tekirdağ 8
Tokat 5
Trabzon 6
Tunceli 2
Uşak 3
Van 8
Yalova 3
Yozgat 4
Zonguldak 5
Total 600

Partidos editar

A partir do 13 de xaneiro de 2022, o número de partidos que cumprían os requisitos de elixibilidade para concorrer ás próximas eleccións parlamentarias era de 24. Esta lista non é definitiva xa que os partidos políticos non elixibles aínda poden optar a participar nas eleccións cando cumpran os requisitos establecidos na Lei núm. 298 sobre "Disposicións básicas sobre eleccións e censos electorais".[7]

Partido Posicionamento e ideoloxía Líder Resultados 2018
% de Votos Deputados
Partido da Xustiza e do Desenvolvemento

Adalet ve Kalkınma Partisi (AKP)

Dereita
Nacionalismo, nacional-conservadorismo, democracia islámica, conservadorismo social
Recep Tayyip Erdogan 42,56% 295
Partido de Acción Nacionalista

Milliyetçi Hareket Partisi (MHP)

De dereita á extrema dereita
Ultranacionalismo, panturquismo, euroescepticismo, populismo de dereita
Devlet Bahceli 11,10% 49
Partido da Grande Unidade

Büyük Birlik Partisi (BBP)

Extrema dereita
Nacionalismo, islamismo
Mustafa Destici dentro do AKP

1 MP

1
Alianza Popular

Cumhur İttifakı (CI)

53,66% 344
Partido Republicano do Pobo

Cumhuriyet Halk Partisi (CHP)

Centro esquerda
Kemalismo, socialdemocracia, eurofilia
Kemal Kilicdaroglu 22,64% 144
Partido do Ben

İyi Parti (İYİ)

Centro, centro dereita
Nacionalismo, kemalismo, conservadorismo, partido laico, eurofilia
Meral Aksener 9,96% 43
Partido da Felicidade

Saadet Partisi (SP)

Extrema dereita
Islamismo, euroescepticismo
Temel Karamollaoğlu 1,34% 2
Partido Demócrata

Demokrat Parti (DP)

Centro dereita
Nacionalismo turco, liberalismo económico, conservadorismo
Gultekin Uysal Dentro de İYİ 1
Alianza da Nación

Millet İttifakı (MI)

33,94% 189
Partido Democrático dos Pobos

Halkların Demokratik Partisi (HDP)

Esquerda
Socialismo democrático, populismo de esquerda, dereitos das minorías, defensa dos kurdos,

ecoloxía política

Selahattin Demirtaş 11,70% 67
Partido dos Traballadores de Turquía

Türkiye İşçi Partisi (TIP)

De esquerda a extrema esquerda
Socialismo democrático, populismo de esquerda, marxismo-leninismo, dereitos das minorías
Dentro do HDP 4
Partido do Traballo

Emek Partisi (EMEP)

Extrema esquerda
Comunismo, marxismo-leninismo
Novo
Partido do Movemento Obreiro

Emekçi Hareket Partisi (EHP)

Esquerda
Socialismo democrático, dereitos das minorías, ecoloxía política
Novo
Partido da Liberdade Social

Toplumsal Özgürlük Partisi (TÖP)

De esquerda a extrema esquerda
Socialismo democrático, comunismo, marxismo-leninismo
Novo
Alianza do Traballo e a Liberdade

Emek ve Özgürlük İttifakı (EÖI)

11,70% 67

Enquisas de opinión editar

 

Resultados editar

Partidos e coalicións Votos % +/- Escanos +/-
Partido Xustiza e Desenvolvemento AKP
Partido do Movemento Nacionalista MHP
Total Alianza Popular CUMHUR
Partido Republicano do Pobo CHP
Partido do Ben İYİ
Partido da Felicidade SP
Total Alianza da Nación MİLLET
Partido Democrático dos Pobos HDP
Partido da Causa Libre HÜDA PAR
Partido Patriótico VATAN
Outros partidos Nv
Independentes Ind.
Votos válidos
Votos brancos e inválidos
Total 100 600
Abstención
Inscritos / participación

Notas editar

  1. "Turkey's post-2023 future at the heart of debates". SETA. 2022-01-20. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2022-03-19. 
  2. Minute, Turkish (1 de abril de 2022). "Turkey reduces its election threshold from 10 to 7 percent - Turkish Minute". turkishminute.com (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2022. 
  3. Xinhua (1 de abril de 2022). "Turkey lowers party' election threshold for parliament to 7 pct". news.cn (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  4. Electoral Reform Society (11 de xuño de 2015). "Crossing the threshold – the Turkish election". www.electoral-reform.org.uk (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  5. Sarikaya, Muharrem (14 de marzo de 2023). "İttifakın ayrıcalığı kalmayacak". haberturk.com (en turco). Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  6. "Yüksek Seçim Kurulu Kararları" (PDF). Official Gazette of the Republic of Turkey (31800). 2022-04-05. Consultado o 2022-04-08. 
  7. "Turkey's Supreme Election Council finds 24 political parties eligible to enter elections". m.bianet.org (en inglés). 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de marzo de 2023.