Kemal Kılıçdaroğlu
Kemal Kılıçdaroğlu, nado en Ballıca o 17 de decembro de 1948, é un político socialdemócrata turco, dirixente do Partido Republicano Popular (CHP) e líder da oposición desde 2010.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (tr) Kemal Karabulut ![]() 17 de decembro de 1948 ![]() Nazımiye (Turquía) ![]() |
![]() | |
7 de xullo de 2018 – 14 de maio de 2023 Lexislatura: 27th Parliament of Turkey (en) ![]() Circunscrición electoral: İzmir (2nd electoral district) (en) ![]() Electo en: Eleição parlamentar na Turquia em 2018 (pt) ![]() | |
Vicepresidente Internacional Socialista | |
21 de agosto de 2012 – 13 de decembro de 2014 | |
Presidente Partido Republicano Popular | |
22 de marzo de 2010 – 5 de novembro de 2023 ← Deniz Baykal – Özgür Özel (pt) ![]() | |
Leader of the Main Opposition of Turkey (en) ![]() | |
22 de marzo de 2010 – 5 de novembro de 2023 ← Deniz Baykal – Özgür Özel (pt) ![]() | |
![]() | |
18 de novembro de 2002 – 14 de maio de 2023 ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Alevismo ![]() |
Educación | Gazi University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e político ![]() |
Ocupación | economista, político, bureaucrat (en) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Republicano Popular (1999–) Democratic Left Party (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Selvi Kılıçdaroğlu (1974–) ![]() |
Fillos | Kerem Kılıçdaroğlu ![]() |
Irmáns | Celal Kılıçdaroğlu ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu nunha aldea do distrito de Nazımiye na provincia de Tunceli, no leste de Turquía. Seu pai fora un dos milleiros de exiliados alevís tras do fracaso da Rebelión Dersim.[1] Kemal realizou estudos primarios e secundarios en varios lugares como Erciş, Tunceli, Genç e Elazığ, graduándose en 1971 en economía na Academia de Economía e Ciencias Comerciais de Ancara.
Carreira profesional
editarLogo de rematar os seus estudos, Kemal Kılıçdaroğlu entrou no ministerio de finanzas e pasou un ano en Francia para perfeccionarse profesionalmente. Nomeado en 1983 vicedirector xeral do departamento de recursos públicos do ministerio, en 1991 converteuse en director xeral da seguridade social turca,[2][3], posto no que parmaneceu ata 1999, retirándose para entrar en política.
Actividade política
editarEn 1999 a prensa refereríase a miúdo a Kılıçdaroğlu como a estrela do Partido da Esquerda Democrática (DSP),[4] afirmándose que sería candidato do DSP nas eleccións xerais de 1999.[5] Malia todo non se propuxo a súa candidatura e mentres dirixía a seguridade social, o líder do CHP Deniz Baykal convidouno a unirse ao seu partido, e Kılıçdaroğlu aceptou.[2]
Parlamentario
editarTras as eleccións de 2002 entrou no parlamento como deputado por Istambul, reelixido en 2007, converténdose no voceiro segundo do seu grupo parlamentario.[2] Kılıçdaroğlu foi o candidato á alcaldía de Istambul polo CHP nas eleccións locais de 2009,[6] quedando segundo por tras Kadir Topbaş cun 37% dos votos
Líder do CHP
editarDeniz Baykal, histórico líder do CHP deixou o seu posto o 10 de maio de 2010 logo dun escándalo cunha fita de vídeo. Kılıçdaroğlu anunciou o seu interese en substituílo, así e todo o Comité Executivo do partido amosouse partidario de reelixir a Baykal,[7] mais logo de Kılıçdaroğlu recibir o apoio de 77 dos 81 presidentes provinciais do seu partido, Baykal decidiu non presentar a súa candidatura,[8] e a candidatura de Kılıçdaroğlu logrou as sinaturas de 1246 dos 1,250 delegados, unha marca non superada no CHP.[9] Na convención os delegados elixírono por unanimidade, con 1189 votos a favor, e nove nulos.[10]
Líder da oposición
editarKılıçdaroğlu converteuse en xefe oficial da oposición o22 maio de 2010 ao liderar o segundo partido na Grande Asemblea Nacional. A súa primeira campaña como líder do CHP e da oposición foi o referendo constitucional do 12 de setembro de 2010, para o que empregou a táctica de boicotear o seu proceso parlamentario, mais como para se realizar o referendo era preciso a aprobación de 330 parlamentarios, e o goberno tiña 336, non puido evitar a celebración do referendo. Kılıçdaroğlu fixo campaña polo non ás propostas e elevou aos tribunais o proceso de votación parlamentario alegando irregularidades técnicas pero o Tribunal Constitucional deulle validez á votación e o 57.9% dos electores votaron a favor e o 42.1% en contra.[11]
As eleccións lexislativas de 2011 foron as primeiras nas que Kemal Kılıçdaroğlu participou como o dirixente do CHP, e o seu partido recibiu case o 26% dos votos mellorando máis de cinco puntos en relación ás anteriores, non obstante nas eleccións de xaneiro de 2015 baixou un punto quedando con case o 25%.
Notas
editar- ↑ "The Turkish opposition: Gandhi's rise" The Economist, 28 de abril de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Nazımiyeli ailenin okuyan tek çocuğu", Radikal, 23 de maio de 2010
- ↑ Biografía do líder do partido Arquivado 04 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine., chp.org.tr, 11 de xaneiro de 2011.
- ↑ ""Çiller'e karşı kardeş Yılmaz", 9 de outubro de 1999". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ ""Devlet boşaldı", 12 de outubro de 1999". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ ""CHP'nin İstanbul adayı Kılıçdaroğlu", CNN Turk 22 de xaneiro de 2009". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ "Kılıçdaroğlu announcement splits Turkish opposition party", Hurriyet, 17 de maio de 2010.
- ↑ "Kılıçdaroğlu receives broad support from party base", Hurriyet, 18 de maio de 2010.
- ↑ "CHP'de tarihi kurultay". Haber Turk, 22 de maio de 2010.
- ↑ "Kemal Kılıçdaroğlu new leader of opposition Party CHP" National Turk, 22 de maio de 2010.
- ↑ "Why Turkey's constitutional referendum matters", BBC News, 11 de decembro de 2010