Nacionalismo turco

O nacionalismo turco (en turco: Türk milliyetçiliği) é unha ideoloxía política que promove e defende a identidade, cultura e unidade do pobo turco, considerado un grupo nacional étnico e lingüístico.

Bandeira de Turquía.

Historia editar

Despois da caída do Imperio Otomán, Mustafa Kemal Atatürk ascendeu ao poder. Introduciu unha reforma lingüística co obxectivo de "limpar" a lingua turca da influencia estranxeira.[1] Tamén promoveu a Teoría da Lingua do Sol nos círculos políticos e educativos turcos a partir de 1935. Investigadores turcos da época como Hüseyin Cahit Yalçın e Rıfat Osman Bey propuxeron a idea de que os primeiros sumerios eran prototurcos.[2]

Variedades editar

As ideoloxías asociadas ao nacionalismo turco inclúen o panturquismo ou turanismo (unha forma de esencialismo étnico ou racial ou mística nacional), a síntese turco-islámica (que combina o nacionalismo turco coa identidade islámica), o anatolianismo (que considera á nación turca como unha entidade separada que se desenvolveu despois da conquista selxúcida de Anatolia no século XI), e o kemalismo secular e cívico nacionalista.[3]

Notas editar

  1. Landau, Jacob M. (1984). Atatürk and the Modernization of Turkey (en inglés). Boulder: Westview Press. pp. 133. ISBN 0865319863. 
  2. Shay, Anthony (2002). Choreographic Politics: State Folk Dance Companies, Representation, and Power. Wesleyan University Press. p. 210. ISBN 0-8195-6521-0. 
  3. Xypolia, Ilia (2017). British Imperialism and Turkish Nationalism in Cyprus, 1923-1939 : divide, define and rule. Londres: Routledge. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar