Abrir o menú principal

O esencialismo é un termo que engloba as doutrinas ocupadas en describir a esencia —o que fai que un ser sexa o que é— por oposición ás continxencias —o que é accidental, cuxa ausencia non cuestiona a natureza deste ser—, a condición ou a identidade do obxecto ou individuo. O esencialismo foi controvertido dende os seus comezos. Tanto Sócrates como Platón xa cuestionaron a noción ó suxerir, no Parménides, que se aceptamos a idea de que cada cousa ou acción participa dunha esencia, entón tamén debemos aceptar a "existencia de esencias separadas" para os seus compoñentes.[1] O papel e valor real do esencialismo na bioloxía aínda é un tema de debate. En socioloxía, o esencialismo serviu a miúdo como base para lexitimar diferenzas discriminatorias entre os seres humanos alegando á súa esencia, tales son os casos de homofobia, racismo, misoxinia, misandria e segregacionismo en xeral.[2][3][4][5] En xeral, as diferentes teorías esencialistas definen a un grupo a través dun pequeno set de propiedades fixas ignorando o resto de condicións baixo as cales emerxe a súa identidade.[6]

Esencialismo en bioloxíaEditar

Para os biólogos, o esencialismo é unha concepción segundo a cal diversas especies animais e vexetais difiren entre si por esencia, o que implica o recoñecemento de descontinuidades na natureza. Esta concepción oponse ao nominalismo, segundo o cal só os individuos e as poboacións de individuos existen, considerando que as categorías son só unhas abstraccións construídas polo ser humano no seo dun vasto continuum de formas na natureza.

NotasEditar

  1. "Plato's Parmenides". 
  2. "Gender and Psychological Essentialism". PMID 3082140. 
  3. Katharine T. Bartlett, Angela Harris. "Essentialism". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  4. Elizabeth Boskey. "What is gender essentialism?". 
  5. "Feminismo sí, esencialismo no". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  6. "Essentialism".