El Eco del Condado

El Eco del Condado foi un periódico editado en Salvaterra de Miño entre 1926 e 1931.

El Eco del Condado

Editar o valor en Wikidata
Fundación1926
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeSalvaterra de Miño
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal
Na rede
Galiciana: 16487
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Publicación de carácter conservador e católico, apareceu o 15 de marzo de 1926. Tivo periodicidade bimensual nun principio e trimestral posteriormente. Redactado na súa maior parte por párrocos da zona como Anselmo Vázquez Estévez, párroco de Fornelos. Entre os seus colaboradores estaba Rogelio Estévez Cambra. Publicou moita literatura galega, incluíndo de poemas de José Rey González, Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Carmiña Prieto Rouco, Juan Barcia Caballero, Enrique Labarta Pose, Ramón Cabanillas, Manuel Lago González, Avelino Rodríguez Elías, Xoán B. Armada, Gonzalo López Abente e Mario Canda. En lingua castelá publicou artigos de Herminia Fariña e Jesús Muruais relacionados co Século de Ouro e co romanticismo da literatura española. Tamén apareceron autores portugueses como José U. Condo e José Vilán Cobelo Junior. En case todos os números aparecen, ademais, diversos contos asinados con pseudónimos, baixo as epígrafes de "Contos de camiño", "Contos da aldea" e "Contos da terra". Cesou a súa publicación o 20 de decembro de 1931.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar