El Alerta
periódico de Pontevedra (1864-1865)
El Alerta foi un semanario editado en Pontevedra entre 1864 e 1865.
El Alerta | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1864 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico de intereses generales, apareceu o 6 de marzo de 1864. O seu editor era Ramón Núñez Pazos e estivo dirixido por Emilio Álvarez Giménez. Foron os seus redactores Augusto Escarpizo Lorenzana, Emilio Álvarez Giménez, Severiano González Regueral, Claudio Cuveiro e Juan Sieiro. Contaba coas seccións: "Editoriales", "Sueltos", "Noticias Generales", "Variedades", "Gacetillas", "Telegramas", "Anuncios" e "Folletín". As circunstancias da época obrigárono a manifestarse á marxe de todo tratamento político e a reducir as súas páxinas aos temas xerais. Cesou a súa publicación en setembro de 1865.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Alerta, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio; et al. (2005). "Alerta, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.