Juan Sieiro
Juan Sieiro González, nado en Maside o 2 de febreiro de 1835 e finado en Ourense o 30 de outubro de 1893, foi un filósofo e profesor galego.
Juan Sieiro | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1835 |
Lugar de nacemento | Maside |
Falecemento | 30 de outubro de 1893 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou Bacharelato no Seminario de Ourense e empezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e rematouna na de Madrid. Ao mesmo tempo estudou Teoloxía na Universidade Pontificia de Toledo. Gañou a cátedra de Grego no Instituto de Pontevedra, pero logo da supresión da cátedra pasou á de Filosofía no Instituto de Ourense. Alí permaneceu ata a súa morte en 1893.
Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Las Provincias, El Eco de Orense, El Heraldo, Galicia e Las Provincias de Madrid, con artigos de crítica literaria e fundou o xornal El Alerta en Pontevedra en 1864.
Pensamento Editar
Juan Sieiro foi un dos principais representantes do krausismo en Galicia e así se reflicte na súa filosofía e no contido das súas clases.
Obras Editar
- Catecismo y Filosofía, 1872.
- Psicología y Lógica, 1872.
- El latinismo en el dialecto gallego, 1879.
- Principios de Psicología o antropología psíquica, lógica y ética, 1882.
- Sociología, 1888.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Quintas Ferreño, Francisco Javier (2016). Juan Sierio González: Educador krausista, heterodoxo, masón. Masónica.
- Rivas García, Manuel; Domínguez Prieto, Xosé; Lozano Paz, Moises (2005). Dicionario galego de Filosofía. Santa Comba: Tresctres. ISBN 84-933588-9-4.