Augusto Escarpizo Lorenzana
Augusto Escarpizo Lorenzana, nado na localidade de Otero de Escarpizo, no concello de Villaobispo de Otero (León) e finado en Xaén en setembro de 1906[1], foi un farmacéutico e xornalista español.
Augusto Escarpizo Lorenzana | |
---|---|
Villaobispo de Otero | |
Falecemento | setembro de 1906 |
Xaén | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Fillos | Sarah Lorenzana |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Funcionario da Administración pública, farmacéutico e perito agrimensor. Instalouse en Pontevedra como farmacéutico e despois foi oficial da Delegación de Facenda (1866). En Pontevedra foi redactor de El Alerta e dirixiu o semanario La Revista (1867-1868) e o periódico La Crónica (1872). En 1878 formaba parte da xunta local de primeiro ensino de Cangas. En 1893 publicou en Pontevedra Geografía astronómica, física y política de la Provincia de Pontevedra. Mercou unha botica e instalouse en Vigo na última década do século XIX. A principios do século XX trasladouse a Xaén como oficial da Delegación de Facenda. Recibiu a Cruz de Carlos III.
Vida persoalEditar
Casou con Elisa Couto Salcedo e foi pai de Sarah Escarpizo.
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 29-9-1906, p. 3.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Cristina G. (5 de febreiro de 2011). "Tras la pista de Sarah Escarpizo". Faro de Vigo.