La Revista (1867)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Revista.
La Revista foi un semanario editado en Pontevedra en 1867 e 1868.
La Revista | |
---|---|
País | España |
Lugar de publicación | Pontevedra |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Periódico de intereses generales, apareceu en marzo de 1867. O seu director e fundador foi Augusto Escarpizo Lorenzana. Periódico semanal, publicaba artigos de literatura e ciencias. Entre os seus colaboradores figuraban Gerardo Rodríguez del Corral, Celso García de la Riega e Juan Cuveiro. En setembro de 1868 fundiuse con La Voz del Pueblo.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.