Eduardo Toba

futbolista e adestrador galego
(Redirección desde «Eduardo José Toba Muiño»)

Eduardo José Toba Muiño, nado en Muxía o 15 de maio de 1923 e finado na Coruña o 3 de agosto de 2001, foi un médico, atleta e adestrador de fútbol galego.

Modelo:BiografíaEduardo Toba
Nome orixinalEduardo José Toba Muiño
Biografía
Nacemento15 de maio de 1923
Muxía, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de agosto de 2001 (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 1973 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

BNE: XX831854

Traxectoria

editar

Estudou medicina en Madrid ao mesmo tempo que practicaba atletismo, especializándose en carreiras de obstáculos e triplo salto.[1] En 1946 gañou a medalla de ouro en triplo salto no Campionato de España de Atletismo, cunha marca de 13,765 m.[2] En 1948 bateu os récords galegos de salto de lonxitude, con 6,41 m, e o de 110 metros valados, con 16,50 segundos, o cal rebaixou ata 16,3 só uns días despois.[3][4] En 1951 rebaixou a marca de 110 valados ata 15,6.[5]

En xullo de 1951 foi contratado como preparador físico polo Deportivo da Coruña, club no que militara xa antes na súa sección de atletismo.[6] Ao ano seguinte obtivo o título de adestrador de fútbol de categoría nacional[7] e pouco despois adestrou o Fabril, ata que deixou o cargo en xaneiro de 1953 por non poder compaxinalo coa preparación física do Deportivo.[8]

En agosto de 1954 foi presentado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, en Primeira División.[9] O equipo realizou unha boa actuación e rematou a tempada na sétima posición. Logo pasou ao Oviedo, en Segunda División,[10] onde permaneceu ata febreiro de 1957, cando deixou o equipo polos malos resultados. Volveu ao Deportivo para a tempada 1958/59, co equipo de volta en Segunda. A súa nova etapa no club coruñés só durou catro xornadas, ata a escandalosa derrota por 8-2 fronte ao Real Valladolid. Tras este partido foi substituído no banco por Ernesto Pons.

Pouco despois traballou como médico en Caracas, onde foi convencido polo futbolista e xornalista coruñés Lázaro Candal para probar sorte no fútbol de Costa Rica.[11] Deste xeito fíxose cargo da selección de Costa Rica, levándoa a gañar o Campionato Centroamericano de 1961 de xeito asoballante, cun pleno de vitorias e con 32 goles a favor por só 4 en contra. Adestrou tamén o costarriqueño Club Sport Herediano, conquistando a liga costarriqueña e a Copa tamén en 1961. Volveu a España en 1962 e nas seguintes tempadas dirixiu consecutivamente a Tenerife, Oviedo, Murcia, Córdoba e Hércules.

En novembro de 1967 foi anunciado como novo adestrador da selección española olímpica.[12] Conseguiu clasificar a España para os Xogos Olímpicos de 1968 tras eliminar a selección inglesa na fase de clasificación. En xullo de 1968 foi elixido novo seleccionador absoluto de España.[13] A pesar de comezar gañando un amigábel contra Francia por 1-3, os seus malos resultados na fase de clasificación para o Mundial (empates contra Iugoslavia e Bélxica e derrota contra Bélxica), provocaron o seu cesamento en marzo de 1969.[14]

En 1971 volveu ao Real Oviedo, conquistando a liga de Segunda División, e devolvendo o club a Primeira. Continuou no club asturiano na máxima categoría, pero foi destituído na xornada 16, despois de caer ata o último posto da clasificación.[15] En 1975 volveu poñerse á fronte da selección española olímpica, conseguindo eliminar a Alemaña e clasificar ao equipo para os Xogos Olímpicos de 1976. Dirixiu tamén a Escola Nacional de Adestradores e o Colexio Nacional.[16]

Faleceu na Coruña o 3 de agosto de 2001.[16]

  1. "Eduardo Toba entre nosotros". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 1946. 
  2. "CAMPEONATOS DE ESPAÑA ABSOLUTOS AL AIRE LIBRE" (PDF). RFEA (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2021. Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  3. "Toba establece nuevas marcas gallegas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de marzo de 1948. p. 2. 
  4. "Notas breves". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 28 de marzo de 1948. p. 5. 
  5. "Eduardo Toba se halla en La Coruña, su ciudad natal". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1951. p. 5. 
  6. "Eduardo Toba". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 1951. p. 5. 
  7. "Eduardo Toba, entrenador nacional". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1952. p. 4. 
  8. "Neira, entrenador del Fabril". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de xaneiro de 1953. p. 4. 
  9. "Reunión en el Estadio". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de agosto de 1954. p. 5. 
  10. "El doctor Eduardo Toba ha fichado corno entrenador del Oviedo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 28 de xullo de 1956. p. 7. 
  11. "Loas al maestro Toba" (en castelán). 25 de setembro de 1998. Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  12. "Confirmado, Toba seleccionador nacional de Juveniles y aficionados". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 1967. p. 10. 
  13. "El doctor Toba, nuevo seleccionador". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 18 de xuño de 1968. p. 11. 
  14. "Hoy, España-Suiza, en Mestalla". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 26 de marzo de 1969. p. 16. 
  15. "En un mismo día «cayeron» Toba y Pontoni". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 6 de xaneiro de 1973. p. 15. 
  16. 16,0 16,1 "Fallece el ex seleccionador Eduardo Toba" (en castelán). 4 de agosto de 2001. Consultado o 29 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar