E ti, que científicas coñeces?

obra literaria de varias autoras

E ti, que científicas coñeces? é un libro ilustrado de Nieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias e Inés Álvarez Fernández, con deseños de MeliMolita, que dá a coñecer as biografías de mulleres enxeñeiras, científicas ou inventoras.

Elas, levarónnos ao espazo
Autor/aNieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias,Inés Álvarez Fernández, e Julia Carballo Rodríguez e Alma Gómez Rodríguez
Ilustrador/aMeliMolita
OrixeGalicia
Linguagalego
Tema(s)mulleres enxeñeiras e científicas
Xénero(s)divulgación científica e libro ilustrado
Data de pub.2023
Páxinas96
ISBN978-84-8158-994-8
editar datos en Wikidata ]

A obra achega referentes femininos na ciencia e na tecnoloxía para a rapazada. As mulleres presentadas son Wang Zhenyi, Lise Meitner, Cecilia Payne, Mary Anning, Rachel Carson, Mae Jemison, Katherine Johnson, Caroline Herschel, Barbara McClintock, Sylvia Earle, Marie Tharp, Bette Nesmith Graham, Dorothy Crowfoot Hodgkin, Katalín Karikó, Nettie Maria Stevens, Rosalind Franklin, Elena García Armada, Hedy Lamarr, Margaret Hamilton e Vera Rubin.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar