Cecilia Payne-Gaposchkin

astrónoma estadounidense

Cecilia Payne-Gaposchkin, nada o 10 de maio de 1900 en Wendover (Inglaterra) e finada o 7 de decembro de 1979 en Cambridge (EUA), foi unha astrónoma anglo-estadounidense. En 1925, na súa tese de doutoramento, indicou que as estrelas están compostas na súa meirande parte por hidróxeno e helio.[1] Este traballo foi considerado durante moito tempo como "a máis destacada tese de doutoramento escrita nunca en astronomía".

Cecilia Payne-Gaposchkin
Cecilia Helena Payne-Gaposchkin
Datos persoais
Nome completoCecilia Helena Payne
Nacemento10 de maio de 1900
LugarWendover, Reino Unido Reino Unido
Falecemento7 de decembro de 1979
LugarCambridge, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causacancro
SoterradaPine Hill Cemetery
ResidenciaLexington, Massachusetts
NacionalidadeBritánica
CónxuxeSergei I. Gaposchkin
Actividade
CampoAstronomía, astrofísica
Alma máterUniversidade de Cambridge
Director de teseHarlow Shapley
Arthur Eddington
Alumnos de teseHelen Sawyer Hogg, Joseph Ashbrook, Frank Kameny, Frank Drake, Paul W. Hodge
PremiosLectorado Henry Norris Russell, Prêmio Annie J. Cannon de Astronomia, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Medalha Rittenhouse
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cecilia Payne e estudou botánica, física e química na Universidade de Cambridge. A súa condición de muller imposibilitoulle conseguir un título, polo que abandonou Inglaterra en 1922. Marchou vivir aos Estados Unidos, e nacionalizouse en 1931.

En 1925 converteuse na primeira persoa en ter un doutoramento en astronomía no Radcliffe College (hoxe, parte da Universidade Harvard) pola súa disertación Stellar Atmospheres, A Contribution to the Observational Study of High Temperature in the Reversing Layers of Stars (“Atmosferas estelares, unha contribución ó estudo da observación das altas temperaturas nas capas invertidas das estrelas”).

 
Cecilia Helena Payne-Gaposchkin traballando

O astrónomo Otto Struve cualificou o traballo de Cecilia como “sen dúbida a tese de doutoramento en astronomía máis sobresaínte da historia”. Aplicou a teoría da ionización desenvolta polo físico Meghnad Saha para relacionar de xeito exacto a clasificación espectral das estrelas coa súa temperatura absoluta. A tese estableceu que o hidróxeno era o compoñente principal das estrelas.

Nunha viaxe posterior por Europa en 1933 coñeceu o astrofísico ruso Sergei I. Gaposchkin en Alemaña. Axudouno a conseguir un visado para os Estados Unidos, casaron en marzo de 1934 e tiveron tres fillos. Payne-Gaposchkin seguiu en activo toda a súa vida en Harvard. Tardou varias décadas en ter un posto oficial: ata 1938 non se lle concedeu o título de “astrónoma”. En 1956 foi a primeira muller en ser profesora asociada en Harvard. Posteriormente, foi tamén a primeira en dirixir un departamento na mesma universidade.

Premios e honores editar

Citas editar

A recompensa do científico novo é a emoción de ser a primeira persoa na historia do mundo que ve ou entende algo. Nada se pode comparar con esa experiencia… A recompensa do científico vello é a sensación de ter visto como un vago borrador se convertía nunha paisaxe maxestosa.

— Cecilia Payne-Gaposchkin

Notas editar

  1. Gratzer, Walter (2004). "148. Un mundo de hombres". Eurekas y euforias (Eurekas and Euphorias) (en castelán). Barcelona: Crítica. p. 367. ISBN 84-8432-558-X. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cecilia Payne-Gaposchkin: An Autobiography and Other Recollections, Cecilia Payne-Gaposchkin, Katherine Haramundanis, ed. (Cambridge University Press, Cambridge, 1984).
  • Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
  • Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,

Ligazóns externas editar

Obituarios