Margaret Hamilton (científica)

Margaret Hamilton, nada en Paoli, Indiana o 17 de agosto de 1936, é unha científica, matemática e enxeñeira de software.

Margaret Hamilton
Margaret Hamilton 1995.jpg
Nome completoMargaret Hamilton
Nacemento17 de agosto de 1936
Lugar de nacementoPaoli
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterEarlham College e University of Michigan College of Literature, Science, and the Arts
Ocupacióninformática teórica, matemática, enxeñeira e empresaria
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade, Ada Lovelace Award, honorary doctor of the University Polytechnic of Catalonia e Computer History Museum fellow
Na rede
WikiTree: Heafield-9
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou matemáticas no Earlham College e tras graduarse mudouse a Massachusetts na procura de obter un posgrao. No seu lugar comezou a traballar como desenvolvedora de software no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Comezou traballando na programación de programas meteorolóxicos para a predición do tempo.

Durante a carreira espacial da Guerra Fría entre Estados Unidos e Rusia, Margarett converteuse na cabeza do equipo de programación da NASA para a misión de levar o home á Lúa. Conseguiu xunto cos seus compañeiros crear un software válido para unha viaxe de ida e volta á lúa. A maiores Hamilton inventou un programa que lle permitía ao ordenador dar prioridade e refugar tarefas innecesarias, o cal salvou os dous astronautas que ían a bordo, Neil Armstrong e Buzz Aldrin, de colidir ao chegar ao satélite.[1]

Hamilton recibiu o premio á Medalla Presidencial de Liberdade en 2016 de man de Barack Obama, e fundou Hamilton Tecnologies, a súa propia compañía de programación de software.

NotasEditar

  1. Rubio Hanconk, Jaime (25 de decembro de 2014). "Margaret Hamilton, la pionera de la programación que llevó el Apolo a la Luna". Verne-El País (en castelán). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88–91. ISBN 978-84-9043-882-4. 

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.